Contos do Mundo na Biblioteca de Ponteceso
No Día do Libro, complementamos os actos con este contacontos ás 6 da tarde para nenos/as e familias. Estivemos moi entretidos/as e atentos/as.
No Día do Libro, complementamos os actos con este contacontos ás 6 da tarde para nenos/as e familias. Estivemos moi entretidos/as e atentos/as.

O xoves 23 de abril tivemos Travesías de Raquel Queizás, sesión de contacontos infantil na Biblioteca.
Implicación total, como ven sendo habitual, dos pais e dos nenos neste espectáculo.

A visita do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa trouxo á Biblioteca Ramón Suárez Picallo cantidade de risos e chocolate.
As nenas e os nenos de Sada celebraron o Día do Libro cunha tarde na que se uniron o teatro e a cociña.

Con Motivo do día do libro, o xoves 23 de abril na Biblioteca Pública de Barreiros os rapaces participaron nun Obradoiro de Contos en construción, donde conseguiron crear unha maqueta basada nun conto. Pasarono Xenial!!

O pasado venres vivimos unha tarde chea de creatividade na Biblioteca Municipal de Coristanco co obradoiro “Crea o teu libriño Pop-Up”, unha actividade na que os libros deixaron de ser planos para converterse en pequenas obras con movemento e imaxinación.
Queremos destacar especialmente a implicación das familias, que acompañaron e participaron activamente, e aos ponentes da actividade que lograron crear un ambiente próximo, colaborativo e moi enriquecedor.
Os nenos e nenas sorprenderon pola súa enorme creatividade, dando forma a propostas únicas e demostrando que a lectura tamén pode ser unha experiencia práctica, divertida e chea de vida.
A visita de Charo Pita co contacontos Colorín Colorete encheu a biblioteca de risas, música e imaxinación. Conseguiu que o público participase, cantase e soñase a través de historias cheas de humor, tenrura e fantasía.
Durante a actividade, Charo combinou palabra, xestos e ritmo para crear un ambiente no que cada neno e nena se sentiu parte do conto. Foi unha experiencia perfecta para gozar da narración oral e para seguir alimentando o gusto polos libros e pola lectura.



Hai clásicos que son marabillosos para celebrar o libro e maila lectura… Talía Teatro volveu crear unha atmósfera máxica para falar de igualdade e de valores. Sempre recomendables!
No día do libro recibimos a visita da Fada Diana que nos transportou ao mundo das fadas para vivir unha aventura na que descubrir os segredos da reciclaxe e a importancia de coidar do noso planeta. Un espectáculo moi educativo e interactivo con cancións, xogos, baile, monicreques e moita maxia e diversión.
Unha tarde chea de música e contos para conmemorar o Día do Libro en Celanova


Séguenos