Aprendemos a facer cómics na Biblioteca Pública de Melide
Estefanía Padullés estivo na biblio para ensinar ás nenas e nenos a crear o seu propio cómic.
Foi unha actividade moi entretida e creativa.

Estefanía Padullés estivo na biblio para ensinar ás nenas e nenos a crear o seu propio cómic.
Foi unha actividade moi entretida e creativa.

Contamos contos de Lobos? inundou de bo humor e moitas risas a Biblioteca Pública de Melide “Xosé Vázquez Pintor”. As nenas e nenos dos tres centros escolares do municipio puideron desfrutar e participar na interpretación de tres contos clásicos: A caperuchiña vermella, Os tres porquiños e Os sete cabuxos.
Foi unha magnífica actuación na que o público riu a esgalla.



Actividade para bebés na que se conxugan efectos visuais con música e narración logrando manter a atención durante a media hora que dura o conto. Traballanse as emocións.
O pasado venres 17 de abril pasámolo xenial! Agradecemos a asistencia e implicación do público adulto e infantil. Quedamos encantados coa marabillosa Xiada Sanlés Míguez.
Grazas por facer Biblioteca : )


Este sábado 18 de abril tivemos o pracer de contar con Trémola Teatro cun contacontos de bebés moi bonito e entretido, no que nos enseña a validar as diferentes emocións. Un contacontos cheo de música, pompas de xabón, xogos e contos para os máis pequenos da casa.
A Biblioteca Municipal de Coristanco acolleu a actividade “Risotadas”, dirixida á primeira infancia e ás súas familias, dentro do programa Ler conta moito. Durante a sesión desenvolveuse un espazo acolledor de exploración sensorial, xogo e primeiro achegamento aos libros, favorecendo a participación activa dos bebés e das persoas adultas acompañantes. A actividade permitiu compartir un tempo de lectura, descubrimento e vínculo arredor da biblioteca, cunha resposta moi positiva por parte das familias asistentes.



Este mércores 15 de abril tivemos unha tarde muy divertida e chea de música con Brais das Hortas e os seus contos para caghar patatillas. Rimos, cantamos e desfrutamos dos contos nunha sesión moi dinámica.

Onte veu a contarnos contos Bea Campos na Escola Infantil ” Galiña Azul” de Ares coas nosas amigas da Biblioteca Municipal de Ares.
Pasámolo moi moi ben!
Estivemos moi atentos, cantamos, rimos e bailamos.

O pasado venres 10 de abril, con motivo do día da Ciencia realizamos na Biblioteca da Laracha , dentro da programación do mes do libro, un obradoiro de ciencia relacionado coas propiedades da auga. Un obradoiro moi interesante e divertido no que a ciencia e o xogo teñen un papel fundamental.



Conta Maxia, unha sesión co Mago Paco, que rodea os contos de maxia e invítanos a traballar a imaxinación. Sorprendente !!!!


Séguenos