Como ben puidemos comprobar todos os que participamos no taller, non importa como se debuxe, o resultado é precioso e, utilizando unas mesmas formas, o produto é absolutamente persoal e diferente no traballo de cada persoa.
Ademais durante o proceso de creación prodúcese unha profunda concentración no que se está elaborando o que leva a un gran descanso mental.
A satisfacción ao final da actividade foi absoluta por parte de todos os que participamos nela.