“A ciencia de Harry Potter”, con David Ballesteros na biblioteca Monte Alto.

Onte, na biblioteca Monte Alto, pasamos unha tarde de fábula con David Ballesteros, da asociación científica “A ceo aberto”. Ao fío das películas e dos libros de Harry Potter, puxemos en dúbida e comprobamos co método científico as escenas máis máxicas e incribles. Ademais de divertirnos moitísimo aprendemos unha chea de cousas. Moitas grazas, David!
- ¿O aire ocupa espazo?
- Descubrindo a electricidade.
- Orellas de gato que len mentes.
- Obxectos que voan.
- O “idiotizador”
- Auga máxica.




















Cando chega o verán, a biblioteca Monte Alto sae a rúa para achegar a lectura e a biblioteca aos veciños do barrio. E unha boa forma de darnos a coñecer é facendo actividades de calidade para todos os públicos. Nesta ocasión, convidamos ao Mago Paco a acompañarnos o pasado 8 de xuño. Durante toda a hora tivo ao público pendente das dúas verbas; fíxonos sorrir, usando os contos e as historias como fío condutor dos seus xogos e trucos de maxia. Unha tarde inesquecible. Grazas, Mago Paco!









Séguenos