“O traxe novo do rei” de Tarabelos teatro de na B. P. Municipal “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)títeres
Este mércores, 28 de setembro no teatro das Torres e organizado pola Biblioteca asistimos ao espéctaculo de títeres baseado no conto de Andersen “O traxe novo do rei”, un conto que resulta cheirar bastante mal cando un grupo de pillabáns fan crer o rei que poden facerlle un traxe espectacular e que ademáis, “mide a intelixencia” de todos os habitantes do pais….
Serán os nenos e nenas os que descubran si aquel traxe fantástico ten unha tela de tanta calidade????

Unha sesión moi divertida e sobre todo participativa, o monitor converteu en guionistas ao público que enchía as butacas do teatro.



Non debemos enfadarnos se os nosos amigos e amigas teñen aficións distintas das nosas ou lles gustan cousas moi diferentes ao que nos gusta a cada un de nós.
MeRe Clown transportou a grandes e pequenos, a través da maxia do mimo, os xogos malabares e as sonrisas, ata a cidade de Hamelin para revivir como tiveron que loitar cunha horripilante praga e como grazas ao tatatatatatata….ravó de MeRe Clown e non ao famoso frautista fóron quen de solucionalo.




O mércores, 9 de outubro, o grupo Aldaolado conseguiu que os rapaces e rapazas que acudiron á biblioteca a ver o seu espectáculo pasasen do silencio máis absoluto a grandes explosións de risas. A ovella Engracia e a súa compañeira de rabaño estaban durmidiñas cando entrou o público na sala. Fíxoo en silencio para non espertalas. Unha vez que estiveron todos e todas dentro, as ovelliñas foron espabilándose e empezou o show!!!




Séguenos