Mans, de Os Contos de Pablísimo, na Biblioteca Municipal de Lugo
Os Contos de Pablísimo chegaron á Biblioteca Municipal de Lugo para demostrarnos que os contos son máis divertidos cando as historias cóntanse tamén coas mans.


Os Contos de Pablísimo chegaron á Biblioteca Municipal de Lugo para demostrarnos que os contos son máis divertidos cando as historias cóntanse tamén coas mans.


Trécola Teatro chogou onte á Biblioteca Municipal de Lugo para representar Madame Bechamel e Signorina Bolognesa. Dúas cociñeiras, moi divertidas que nos explicaron como se cociña un prato moi especial: un bico.

E fixérono con tanto cariño que seguro que está moi, moi, bo.

O pasado 19 de maio, Sarabela Teatro representou na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Nola e María na Terra Chá”.

As dúas protagonistas percorreron os municipios da Terra Chá de Manuel María acompañando a súa viaxe cos versos do poeta.

A barraca de Barriga Verde fixo un alto no seu percorrido polos pobos e feiras de Galicia, para visitar a Biblioteca Municipal de Lugo.

Unha representación para conmemorar ao poeta Manuel María nestas Letras Galegas 2016

O xoves, 28 de abril, recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo aos nosos usuarios máis pequenos que acudiron a participar no contacontos de Sherezade Bardaji “Palabras confeitadas”.

Xunto á narración, sons, cores e formas, conseguiron captar o interese de nenos e nenas e mesmo dos seus pais e nais.

Onte Tania e Rita, de Forma Teatro, trouxeron á Biblioteca Municipal de Lugo os seus “Bebecontos de Choupiña e Trasnón”, cargadas coa súa maleta e acompañadas da Vaca Paca e o Porquiño Celta.

Para moitos dos nenos era o seu primeiro contacontos, e pensamos que non será o último, tendo en conta o ben que o pasaron.

O pasado xoves, 21 de maio, as integrantes de Contos en signos ofreceron na Biblioteca Municipal de Lugo un contacontos signado.
Para comenzar os nenos aprenderon a dicir, na linguaxe de signos, os nomes de animáis como o león, a serpe, o raposo, o elefante…
A continuación, un conto…

Contacontos signado
E despois un obradoiro no que traballaron co alfabeto braille.

Obradoiro de braille
Na tarde do 14 de maio, Migallas Teatro representaron na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Merenda con pan de Millo”.
Se alguén pensaba que o proceso de elaboración do pan era aburrido, eles demostraron todo o contrario. Cargados con todos os aparellos necesarios, acompañados da súa guitarra e unha banda de pulgas, e vestidos para a ocasión, chegaron dispostos a compartir cos asistentes a súa historia e as súas cancións.

Migallas na Biblioteca Municipal de Lugo
“Miña avoa Manuela”, “Pan de millo” ou “Que cousa, cousiña, é?”, foron algunhas das cancións que interpretaron e coas que conseguiron que os nenos e nenas pasaran unha tarde inmellorable.

Migallas na biblioteca Municipal de Lugo
Onte, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, trouxeron á Biblioteca Municipal de Lugo a súa historia do pirata Benito Soto. Historia de piratas con todos os ingredientes para despertar a atención de nenos e nenas: misterio, tesouros, o malvado Euribor…

Ademais da historia, aprenderon uns “truquiños” para debuxar ao pirata coa súa barba, parche e pata de pau.

A compañía Elefante Elegante representou na Biblioteca Municipal de Lugo, “Lobo bobo”. Con este contacontos os nenos e nenas asistentes coñeceron aspectos sorprendentes e divertidos dos personaxes dos contos máis coñecidos como Bracaneves, Carapuchiña Vermella ou os Tres cerditos.


Séguenos