Isto non é unha caixa, de Sarabela Teatro, na ALM de Carnota

O pasado mércores viaxamos con Sarabela Teatro e a ratiña Sofía ata a muralla chinesa para tratar de resolver un grande enigma… Quen é o ser máis poderoso do mundo?
A maxia da palabra e o poder da expresividade, sen moito máis adobío, son as armas empregadas neste espectáculo para somerxer o público na trama. E vaia se funcionaron!
Isto non é unha caixa é unha montaxe máis que recomendable para fomentar a creatividade e a fantasía nos máis pequenos. Que ben o pasamos! Imaxinación ao Poder!





















Séguenos