Robótica na Biblioteca Pública Municipal de Irixoa
O pasado día 21 de agosto os nenos e nenas que participan o Campamento de verán foron a bibloteca para aprender a facer robots personalizados. Pasaron un rato moi entretido.
O pasado día 21 de agosto os nenos e nenas que participan o Campamento de verán foron a bibloteca para aprender a facer robots personalizados. Pasaron un rato moi entretido.
O pasado día 13 de agosto o chef Caxoto achegounos unha chea de receitase e elaborounos un menú con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromachismos cociñados a lume lento ao longo da historia. Un prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinamos o noso padal na igualdade e
contra os estereotipos de xénero.
Concerto musical de Papi&mami destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos que se realizou na biblioteca Municipal o día 22 de outubro de 2019.
Varias sesións deste obradoiro de escrita creativa impartido por Andrea Barreira. Este Obradoiro de escrita funciona como unha receita. A través de 10 pasos, que son como ingredientes que van desde a inspiración á lectura pasando pola escrita, descubrimos tanto o traballo que hai detrás dun texto como os elementos narrativos e como conxugalo todo.
O pasado día 28 de agosto Anxo Fariña visitou a Biblioteca Municipal de Irixoa co obradoiro A cidade violeta. Os nenos e nenas crearon un libro aplicando a luz ultraVIOLETA. Viron como debería ser unha cidade SEN VIOLENCIA DE XÉNERO, e con igualdade entre mulleres e homes. Un libro-escultura para crear, xogar, ler na escuridade.
o luns 26 de agost Pedro Bugarín realizou na biblioteca de Irixoa un Obradoiro de maxia na que os/as participantes aprenderon a realizar trucos de maxia.
O pasado día 22 de agosto Eduvía vías para a educación realizou una sesión de contacontos en igualdade na Biblioteca Municipal de Irixoa na que participaron nenos e nenas de campamento urbano.
O pasado día 1 de agosto os nenos e nenas que participan no Campamento de verán participaron a actividade “Fotoconto” . Os nenos e nenas foron os protagonistas creando a súa propia historia e sendo as pesonaxes principais. Primneiro fixeron unha foto, crearon unha historia que despois pasaron a un arquivo dixital no que eles eran os protagonistas.
Na biblioteca de Irixoa roubaron un manuscrito moi valioso. Afortunadamente o ladrón deixou restos biolóxicos, e coa axuda dos nenos e das nenas que estaban na biblioteca para celebrar o Día da biblioteca, e usando material de cociña sacamos ADN que atopamos dos ladróns e resolvemos o caso aprendendo que é a biotecnoloxía.
O pasado día 08-05-2017 o mago Martín Camiña realizou na BPM de Irixoa a actuación “As maxias máis máxicas de tódalas maxías. A Maxia de Carlos Casares. A través da maxia achegoulles aos participantes a vida e obra de Carlos Casares. Desde o Vento ferido ata O sol do verán, pasando por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, viron unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.
Séguenos