Encontro con Paula Carballeira arredor de “As Alumnas” na Biblioteca José Saramago de Santa Marta.
Este martes acompañounos Paula Carballeira para falar da súa obra teatral “As Alumnas”, coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023. Foi unha charla do máis gratificante na que falou de como xurde a idea, como vai artellando os diferentes elementos sobre unha base histórica fiel e sempre presente, onde tamén deixa a súa pegada persoal. Todo isto, amenizado co seu bo facer como contadora onde non faltaron as risas e as anécdotas que xurdiron coas diversas representacións da obra. Quedamos encantadas de pasar unha tarde tan amena, recordando e aprendendo como era o sistema educativo da muller na primeira metade do século pasado.


























Séguenos