Contos Ambientais de Caxoto, na Biblioteca Municipal de Meis

Sesión divertida e moi didáctica. Un exemplo de ensinanza da reciclaxe.

Sesión divertida e moi didáctica. Un exemplo de ensinanza da reciclaxe.

Contos de animais para concienciar sobre as consecuencias do cambio climático. Moi impactante.


Contos, cancións e rimas nunha sesión divertidísima para @s máis pequen@s.

Divertidos contos da ratiña Carolina: distintas modalidades de familias e moitas profesións a elexir no futuro: pescadora, bombeira, espía … Un fantástico contacontos no homenaxe o Días das Escritoras e oDía das Bibliotecas.

Pequenos contos con música e obxectos suxerentes na narración.Moita emoción nalgúns contos.


Testimonios e relatos da represión nos anos da Guerra Civil e posteriores. A importancia da historia local e familiar como identidade, así como a necesidade de comunicación entre as distintas xeracións para non esquecer estes feitos. O respecto como ferramenta social imprescindible.

A media mañá do día de San Xoán chegou a Meis Carmen Domech, unha carteira do País dos Contos que nos deleitou con fermosas historias a favor das nenas en pro da igualdade.

Contos con ulido, con sabor e con suspense. Palabras engaiolantes. Grazas, Fátima.

O mundo tradicional e o actual en contos con lendas de mouras e lugares máxicos do noso Concello.

Música, debuxos e contos. Divertidísima sesión.


Séguenos