“A Galiña Azul e compañía” na Biblioteca P. M. de Vilagarcía de Arousa
Con motivo da celebración do “Día das Letras Galegas” a biblioteca levou a cabo a seguinte actividade, “A Galiña Azul e compañía” o 19 de maio ás 11 horas. A actividade correu a cargo de Cris de Caldas que tomando como fío a galiña azul, fixo unha explicación sobre o seu autor e do significado das Letras Galegas no panorama da nosa literatura. A galiña azul veu acompañada doutros contos de tradición galega. A actividade gustou moito ao público asistente que colaborou e participou en todo momento do espectáculo.























































Séguenos