“A biblioteca secreta” con Marisa Irimia na Biblioteca Municipal de Vilagarcía de Arousa
Con motivo do 24 de outubro, día da biblioteca, programouse a realización dun contacontos titulado: “A biblioteca secreta” realizado por Marisa Irimia, que narra a emocionante historia da que se chamou “biblioteca secreta de Darayya”, un espazo de lectura subterráneo con estantes que albergaban 14.000 contos e libros que os voluntarios recolleran de casas danadas durante o asedio a Darayya, a súa ubicación era segreda e os seus visitantes tiñan que chegar a ela esquivando as balas e proxectís.
Marisa Irimia relatou historias máxicas e emocionantes que trasladaron aos presentes a outros mundos e outros tempos, facéndonos ver que os libros son uns obxectos valiosísimos, e que foran un reducto de aprendizaxe, esperanza e inspiración para moitos dos seus usuarios, case todos rapaces e estudantes, no distrito sitiado de Darayya, en Damasco.
Séguenos