O pasado 19 de marzo comezamos as actividades do programa Ler Conta Moito 2015 coa visita da compañía de Teatro Ghazafelhos e a súa estupenda obra ” Contos de lobo”.
Encheron o noso salón de actos todos os nen@s de educación infantil e os de 1º de educación primaria do colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun espectáculo divertido e moi áxil que mestura máxia, circo e contos onde aparecen lobos e que fai participar aos nenos dende o principio ata o final.
Pasárono moi ben e marcharon encantados.
Xa estamos esperando a seguinte actividade.
“Entre rúas e versos”. Deste xeito discorreu a tarde de onte en Fene. Ás 17:00 iniciábase un itinerario poético cultural polas rúas de Fene dirixido polo monitorado da empresa ETNOGA e enmarcado no programa “Ler conta moito”. Os participantes descubriron a contorna da Biblioteca Municipal da man dos versos de Rosalía, Berta Dávila, Antía Otero…..
Grazas o programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, puidemos unha vez máis na Biblioteca Municipal Os Rosales achegar ás nosas familias á música en vivo e en directo.
Nesta ocasión o noso invitado foi Magín Blanco, compositor, músico e escritor de “A nena e o Grilo”, “A nena e o Grilo nun barquiño”,“Gatuxo”… que nos invítou a deixarnos invadir polos contos que nacen da música das súas cancións. “Cancións pensadas para nenos, nenas, pais, nais, tíos, tías, avós, avóas… e para calquera con ganas de ter os oídos ben abertos a melodías alegres, letras positivas e a ritmos que invitan a moverse e a bailar.” Coma sempre un pracer.
Elefante Elegante achegou, na tarde do sábado 14 de marzo, ata a Biblioteca Municipal do Grove o seu espectáculo “Lobo Bobo”.

O numeroso público asistente gozou dun divertido espectáculo no que se mesturaban conocidísimos contos clásicos. Deste xeito distintos personaxes como Carapuchiña, os tres porquiños, Branca de neve… esquecían o seu papel clásico e protagonizaban curiosas escenas que sorprendían e mantiñan en vilo á rapazada e aos seus familiares ata o final.

Unha tarde de sábado na compañía de GonÇalo tan amena e divertida que ao rematar o público non se quería levantar porque querían máis.

Rematamos este ano de Ler conta moito, na nosa Choiva de contos dos sábados, coa Asociación Musical Musicreques que nos deleitaron coa sua obra As aventuras de Quebranoces.

Interpretación en directo ao piano de O Quebranoces de Tchaikovsky, e un conto no que os personaxes descubren a beleza da amizade, da lectura e da música.

Máis información sobre este evento, aquí.
Elefante Elegante presentou a súa obra LOBO BOBO, oitenta nen@s de educación infantil e primeiro ciclo de primaria disfrutaron dunha forma diferente os contos de sempre……
………Carapuchiña, Branca de Neve, Os tres porquiños….Nada remata como lles tiñan contado
Na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño, o venres 24 de outubro, Día das Bibliotecas, foi amenizado cos Contos ao revés de Xanela Ocio. A actividade consistiu na narración de pequenos contos adaptados, acompañados dun teatriño e música, a través dos que se traballa dun xeito ameno, divertido e educativo a igualdade e o respecto, desfacéndonos dos tópicos dos contos tradicionais.

Un dos contos adaptados para fomentar a igualdade

Na Biblioteca Central de Cangas celebramos o Día a Biblioteca cunha sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández, que fixo desfrutar a xente menuda e adultos con “Érase unha vez uns zapatos…”
A través dos contos e da música chegamos a un mundo de lendas e anécdotas na que predominou a participación e interacción co público familiar.


Séguenos