Dia do Libro
Para celebrar o Dia Internacional do Libro tivemos unha actuación da compañía Glup Glup Teatro coa obra “Catalina Lino Lina”. Unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público de 3 a 12 anos a paixón polos libros. Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras. Asistiron a obra nenos do CRA Amencer e nenos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia, en total uns 125 nenos.

























o día 22 de abril a biblioteca de Lourenzá celebrou o dia do libro cun contacontos a cargo de Raquel Queizás baixo o título a ” a maleta da avoa”, onde os máis pequenos desfrutaron cos contos.





Séguenos