“CONTOS PARA TODOS” na Biblioteca de Boqueixón

Manuel Solla fixo as delicias de 40 rapaces cun espectáculo no que mesturou títeres, maxia e contacontos. Pretendeu e conseguiu a participación activa de todos/-as.

Manuel Solla fixo as delicias de 40 rapaces cun espectáculo no que mesturou títeres, maxia e contacontos. Pretendeu e conseguiu a participación activa de todos/-as.

o día 4 de xuño a biblioteca de Lourenzá celebrou o día do medio ambiente co conto titulado Violeta a carteira volvoreta a cargo da As. Mau. Onde os participantes aprenderon o valor polas nosas fragas e fauna

o día 23 de abril a actriz Raquel Galavis deleitou aos nenos e nenas poñendo en escea o conto de”Elvis ” acompañando a actuación con música de guitarra.
A actividade desenvolveuse o 23 de abril para rapaces de 4 a 12 anos no salón de actos Na Casa da Cultura.Raquel Galavís caracterizada do principiño narrou a historia referente a Madagascar e ao mesmo tempo proxectaba imaxes polo que os participantes descubriron unha cultura, flora e fauna diferente dun xeito moi particular, asi como a ilusión e a esperanza.
O pasado 24 de Maio recibimos a visita de Manuel Solla de Expresión Produccións cos seus “Contos para todos”.
Foi un espectáculo moi ameno e participativo no que ademáis de contos houbo maxia, teatro e moito humor. O público asistente quedou moi contento coa actuación.
Espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e musica en directo. Esta historia comenza cun “Libro” “Maxico” e xigante no que aparecen persoaxes fantásticas que traerán contos para contar, cantar, reir e facer maxia. Espectáculo educativo e lúdico.
Acudiu a Cariño o día 10 de xuño as 17. 00 h. Asisistiron 70 nenos de educación primaria. Forma parte do programa “ler conta moito” da consellería de cultura.

Sesión de contacontos na biblioteca o venres 21 de xuño ás 18:00 h.
O contador Inacio Vilariño de nome artístico Fantoches Baj conquistou a grandes e pequenos con Rodar e Rodari (Contos do Tranvía) e a súa combinación de teatro, monicreques e cancións. Creou un bo estímulo para a imaxinación e a creatividade.
E como este espectáculo de narración oral utilizou a tradición dos contos de Gianni Rodari decidimos facer unha selección bibliográfica, das obras deste escritor e xornalista italiano, expoñéndoas na Sala Infantil da biblioteca e animando aos rapaces a ler obras como: “Contos ó teléfono”; “Contos para xogar”; “Inventando números” ou “Ricardo o escultor”.
O xoves 25 de Abril gozamos na Biblioteca de Chapela dun momento máxico con Ana Hermida, unha incomparable recitadora de Rosalía de Castro.
Caracterizada como a poeta de Padrón, e a través de versos, pero tamén daqueles textos en prosa menos coñecidos da súa obra, a nosa intérprete nos achegou unha faceta bastante diferente de Rosalía: forte e paixoal, feminista, irónica cos costumes do seu tempo… facetas que algúns pouco coñeciamos dela.
A actividade realizouse dentro da programación da “V Semana do Libro”, elaborada conxuntamente polas bibliotecas municipais e o Servizo de Normalización do Concello de Redondela; e grazas, tamén, á participación do programa Ler Conta Moito, promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.
Actividade desenvolta o luns 20 de maio no marco da programación do Día das Letras Galegas. Unha vez máis, Raquel Queizás deleitounos cun espectáculo de contos, convidándonos a viaxar polo mundo adiante para amosarnos as diferentes culturas. Os cativ@s interactuaron dende o primeiro intre de todas as historias e lendas relatadas.



Séguenos