O pasado 23 de setembro, a compañía “Elefante Elegante” fixo as ledicias de cativ@s e maiores con este estupendo espectáculo de animación. Grazas por esta viaxe Gonçalo!!!
O sábado día 21 de setembro ás 18h, Talía Teatro
presentou na nosa biblioteca a obra “Pequena”
feita para o disfrute de “pequenos” e “pequenas”
e para os maiores tamén.
Obra divertida, máxica e moi ben interpretada , que
gustou moito ao público asistente.
O venres, 27 de setembro, visitounos na Biblioteca de Mera (Oleiros) o mago Carlos Coira e deixounos abraiados co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA!
As nenas e os nenos pasárono estupendamente. Gozaron da maxia das palabras dun xeito divertido, doado e moi participativo.
Gustaríame destacar que esta actividade axudounos a dar visibilidade e prestar os libros de maxia dispoñibles no fondo infantil comezando polo libro que da nome a este espectáculo. Non quedou nin un nos andeis!!!
O mércores 21 de agosto recibimos a visita do mago Crystyan Magic, co espectáculo “Na senda da Serpe Alada”, maxia e literatura foron unhas boas compañeiras para esta Semana Cultural en Ponte Caldelas.

O domingo 3 de agosto, coincidindo coa celebración da Romaría Vikinga, os nenos de Catoira gozaron dun divertido espectáculo de monicreques na Praza do Concello, situada a carón da Biblioteca. Os artistas de Seisdedos animaron o público con personaxes como a bruxa Lola ou a cabuxa Carolina.
O 14 de xuño na Biblioteca Central de Cangas, Chus Otero deleitounos con tres contos para nenos pequenos.
A pasada semana, o mércores 10 de xuño, dende a Biblioteca Municipal de Meis organizamos unha interesante sesión de monicreques para tódolos públicos a cargo da compañía Cachirulo. Debido ó bo tempo realizouse o aire libre, no parque que temos pegado á biblioteca na antiga feira do mercado do Mosteiro. Acudiron tanto nenos como adultos a dita interpretación saíndo moi contentos dela. Ó rematar, os nenos e nenas puideron manipulalos monicreques usados durante a función.

O 3 de maio, utilizando o libro A senda da serpe alada, o mago Christian realizou trucos e xogos para os mais pequenos na Biblioteca Central de Cangas.


Séguenos