“Brinca Vai! ” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
Tarde musical co espectáculo “Brinca Vai!” de de Paco Nogueiras. Unha combinación de cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Tarde musical co espectáculo “Brinca Vai!” de de Paco Nogueiras. Unha combinación de cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis divertidos.


O martes 24 de setembro actuaron Isa e Edu de Teatro Marionetas Trécola na biblioteca de Lorbé.
Nenos, nenas e adultos asistentes estiveron moi atentos á historia de catro amigos, Luci, Mirta, Denís e Oliver que tiñan un grave problema.
Xenial posta en escena e unha historia sobre bulling que deu que pensar a nenas e nenos, ao tempo que os divertiu e entretivo.

O martes 24 tivemos a oportunidade de gozar de “Isto non é unha caixa” da man de Sarabela Teatro, un espectáculo que xunta unha música moi ben escollida, un afortunado fondo escénico e un relato arredor das nove maletas viaxeiras. Coa participación dun público interesado en propoñer novos destinos nesta viaxe, a tarde fíxose curta para satisfacción de todos e todas.


O pasado día 14 de setembro celebramos “O día do neno” encadrándose dentro da programación de Festas Patronais da nosa vila. Ademais de outra serie de actividades dirixidas a todos os públicos, co programa Ler Conta Moito puidemos levar a cabo a representación do espectáculo de títeres “Pinocho” para os máis pequenos. A actividade resultou ser un éxito, posto que debido á gran afluencia de público, a biblioteca municipal quedouse pequena e a obra tívose que transladar ás inmediacións da mesma.


o venres 21 de setembro levouse a cabo na biblioteca Juana de Ibarbourou un espectáculo de música e cine a cargo de Olga Brañas ; actividade que resultou moi atractiva e novedosa para os asistentes; cunha magnífica posta en escea
Día 20 de setembro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a terceira actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
da man de Tarabelos
o 20 de setembro, ás 18:00 na sala infantil
Un obradoiro artístico: un conto de Rosalía, un chisco de poesía, música e arte … pola igualdade.
a través de varios poemas de Rosalía musicados, fomos atendendo e buscamos as imaxes das palabras que dicía a canción.


Continuamos a actividade coñecendo o conto de Vidal o sen ventura no kamishibai.

E rematamos plasmando nun gran cadro as ideas principais da historia de Vidal, posto que somos tod@s por igual.



E despedímonos facendo unha foto coa nosa preciosa obra de arte:
Se xuntamos un príncipe desterrado, un trasno falcatrueiro, un bandoleiro, un dragón, unha princesa e un rei, xa podemos contar unha boa historia. Se ademais lle engadimos a destreza dun bon actor dándolle vida aos monicreques e narrando a historia, temos unha gran representación.
Todos os asistentes á sesión de marionetas do sábado, adultos e crianzas, pasárono en grande con moitas risas e participando para que se fixera xustiza e tivera un final feliz.
O pasado venres contamos coa presenza de Silvia Penide e César Centi.
Foi un concerto cantado e falado, unha viaxe que entrelazaba cancións de autores coñecidos acompañados de guitarra.
Foron conformando unha historia coa finalidade de destacar a importancia da palabra, do diálogo etc.



O xoves 19 de setembro tivemos bebés na Biblioteca. Paula Regueiro e Lucía L. Golán presentáronnos 3 Que animaliño é?.



“Paula o xilófono púxose a tocar e maxia fixo neste lugar”!
Por arte de maxia van aparecendo unha serie de animais que os máis pequenos recoñecen. Cada un deles trae un agasallo para os/as presentes.
Aparece a Señora Paxaro e trae outro paxaro para interactuar cos máis pequenos.
Logo virá a Señora Peixe, que trae de agasallo un pau de choiva que fai soar… E tamén moitas, moitas pompas e moi grandes…
A continuación a Señora Gatiño, cunha gran bola de lá como agasallo e moitas boliñas pequenos para xogar todos e todas.
Non faltan instrumentos musicais para bebés, para xogar a: arriba, abaixo, rápido, despacio…
Xogos e música para unha tarde fantática.
Remata a actividade cunha canción de despedida pechando o ciclo dos animais: adeus, quen son?…
Paula Regueiro e Lucía L. Golán, moi boas profesionais que logran captar a atención dos máis pequenos en todo momento. Moi recomendable para bebés de 0 a 3 anos.


Co gallo da volta á escola, e para facela un pouco máis lene a todas as nenas e todos os nenos de Brión, a biblioteca municipal organizou un serán musical a cargo de Luís Vallecillo, que presentou o seu espectáculo “Cantamos?”, unha entretida proposta de animación chea de divertidos números musicais de aire rock e blues en lingua galega para cantar, bailar, brincar e soñar. Ler máis →


Séguenos