A Maxia de Mary Poppins na Biblioteca Municipal da Carballeira – Ourense
O venres 6 de xullo Mary Poppins visitounos

e así, envoltos na súa maxia.

Grazas. Pasámolo moi ben.
O venres 6 de xullo Mary Poppins visitounos

e así, envoltos na súa maxia.

Grazas. Pasámolo moi ben.

O domingo 22 Paco Nogueiras instalou o seu estudo de radio nas Pontes. Os nenos e nenas da biblitoeca bailaron ao ritmo das cancións de Radio Bule Bule, participaron nos seus concursos e cantaron con Paco. Pasámolo estupendamente.

O pasado sábado 21 Gloria Mosquera e Diego Maceiras visitaron a nosa biblioteca das Pontes. Cociñáronnos una morea de historias saborosas e musicais que nos prestaron moito. Moitas grazas por agasallarnos cos vosos Contos para un mundo mellor

Moi ben o pasamos o pasado mércores na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Tarabelos e o seu espectáculo “Fábulas”. Utilizando máscaras de animais, o público é en realidade o contador dunha chea historias que falan de raposos intelixentes, ratiños intrépidos, tartarugas lentas pero seguras… e outros moitos personaxes tirados de fábulas de Esopo, Samaniego ou Fedro. Fábulas é unha sesión de contacontos teatralizada na que o público xoga un papel imprescindible. Divertidísima, interactiva e altamente recomendable.


Onte venres 20 Elefante Elegante visitou As Pontes co seu contacontos Lobo Bobo. Os rapaces e rapazas pontesas pasarono estupendo cos seus contos

Unha voz extraordinaria. Unha forma entretida de achegar a poesía ao gran público.
O grupo teatral A RUN RUN levou a cabo nas aforas da biblioteca pública de Vilar de Santos, a súa actuación “calcetíns”, unha actuación dirixida en especial a nen@s de cero a tres anos que foron os principais protagonistas. Puideron experimentar e manipular con diversos materiais, así como, observar como ía cambiando a escenografía a medida que transcorría a secuencia do conto. Tanto a música, a vestimenta, a linguaxe xestual e a trama do conto lograron captar a atención de todos os asistentes. As familias e as crianzas fóronse involucrando na actividade deixando voar a súa creatividade e imaxinación.


O xoves día 12 de xullotivemos con nos na biblioteca a Javier Muro mago e ilusionista que co seu espectáculo de contacontos e maxia “O neno que quería ser mago”contounos unha historia dun neno que quere converterse en mago despois de ver un espectáculo de circo, e todas as aventuras que lle suceden ata chegar a ser un gran mago.
Un contacontos con efectos máxicos que abraiaron tanto ós cativos coma ós maiores.

O sábado, 16 de xuño, Elefante Elegante presentounos o seu Lobo Bobo, unha proposta moi interesante e que lles gustou moito os asistentes.
Imaxinádevos como cambiaría a historia dun clásico como é Carapuchiña Vermella, tan so cunha pequena modificación, como por exemplo, que o lobo feroz se fixese vexetariano. Da que pensar… Pois esta é a proposta de Gonçalo Guerreiro con outros contos de sempre.

O Mago Paco estivo na Biblioteca de Mondariz-Balneario o pasado sábado 7 cun montón de contos e historias para descubrir “A maxia divertida” que hai escondida neles. Os nenos e nenas do noso concello desfrutaron moitísmo cos contos que nos trouxo o Mago Paco e coa súa maxia fíxonos rir moitísimo. 


Séguenos