“POPÍN PREGUNTÓN BUSCA O LEÓN” en Vilanova de Arousa
O domingo 24 de xuño ás 21:00h. no concello de Vilanova de Arousa, estivo o payaso Popín, facendo as ledicias de todos os nen@s asistentes.

CARTEL

CARTEL
O pasado 9 de xuño, sábado, día chuvioso e gris, ás 18:30 h. xurdía luz, cor e música de mans de Migallas Teatro, co seu espectáculo Canta connosco!, e de innumerables amig@s de todalas idades que se reuniron para unha entrañable conmemoración dentro deste ano do 50 aniversario das bibliotecas de Redondela: a mascota das mesmas, Leolo o Contadelo, cumpría 10 anos de vida.
Un espectáculo dirixido aos nenos e ao público familiar, no que se combinaron as cancións co teatro, e no que gozamos todos
O mago Paco fixo desfrutar a cativ@s e maiores nunha tarde chea de auténtica maxia. Durante unha hora e pico
os nosos pequenos non perderon detalle de todos os movementos do mago Paco que con gran maestría e ilusión
conseguía asombrar ata aos máis incrédulos. Graciñas por esta tarde fantástia!


Una xornada chea de música e poesía en Ares.
Cancións e narracións nun combinado perfecto…………


O día 17 de xuño ás 18 h. na BPM de Vila de Cruces e dentro do programa de animación á lectura”Ler conta moito” tivemos a Micromina Teatro de Títeres ca obra “Vacacións no mar”. Conseguiu captar a atención dos cativos dende o primeiro momento.
Foi por tanto unha actividade dinámica e participativa, tarde divertida na que os cativos desfrutaron moito.
![]()
A tarde do venres 15 de xuño foi especial. A biblioteca encheuse de nenos e nenas entre os seis meses e os tres anos para gozar coa sesión de contos teatralizada de Trinketrinke Teatro. Vanessa trouxo un feixe de contos e unha sorpresa, un enorme ovo do que naceu un pito moi especial.
O pasado xoves 7 de xuño, no Auditorio do Centro Ágora, e dentro do acto de peche dos Clubs de Lectura, tivemos a sorte de contar coa melodiosa voz de Iria Mejuto, que acompañada de Richi Rozas, nos deleitou con temas como Georgia e Back to Black.
Un pracer para os nosos oídos.


O venres, 8 de xuño, divertímonos coa obra de títeres “A cabeza do dragón”, de Títeres Cachirulo, baseada en textos de Valle-Inclán.
O venres 8 de xuño o Mago Paco trouxo contos e maxia á Biblioteca Pública Municipal “P. M. Martínez Ferro”. Sorpresas e moita diversión en Caldas de Reis, unha proposta pouco convencional para traballar os contos!

DIGITAL CAMERA

O mércores 6 de xuño a Biblioteca Municipal de Lourenzá, Juana Ibarbourou, tivo o pracer de contar cun magnífico espectáculo de maxia , mesturado co máis místico da literatura clásica e o mais moderno das tecnoloxías; a través do espectáculo ” Mundo Máxico 3. 0 a cargo de Pedro Bugarín.


Séguenos