Maxia divertida co Mago Paco na biblioteca de Covelo.

O día 6 de xuño os alumnos do ceip de Covelo visitaron a biblioteca para disfrutares da actuación do Mago Paco, que a través dos libros e outros xogos fixo maxia cun toque de diversión.

O día 6 de xuño os alumnos do ceip de Covelo visitaron a biblioteca para disfrutares da actuación do Mago Paco, que a través dos libros e outros xogos fixo maxia cun toque de diversión.
O venres 1 de xuño tivo lugar un contacontos teatralizado da man de Producións Dispersas titulado “O souto dos prodixios” , espectáculo con música, teatro e danza no que os nenos participaron moito.
O souto dos prodixios é un lugar onde todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.
Estas son as fotos dos nenos que asistiron e que amosan o ben que o pasaron.






O mércores 30 de maio coincidindo coa festa de fin de curso das tardes divertidas do Concello, o Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levou a nenos/as e maiores a descubrir a “maxia divertida” que esconden os contos.

O venres 25 de maio un grupo de nenos e nenas elaboraron de forma colectiva un conto que despois houbo que ilustrar… tamén cas fotos dos participantes!. Xa está á vosa disposición na biblioteca!

Teatro Calavera achegou ata a Axencia Municipal de Lectura de San Vicente un espectáulo sobre as aventuras do Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa.

Para finalizar, a rapazada asistente, elaborou unha riquísima brocheta de froitas con chocolate.


O mércores 23 de maio da man do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa os nenos e nenas de Bertamiráns viviron unha aloucada aventura cociñeira que rematou cun postre feito con froita bañada en chocolate. Teatro Calavera conseguiu, sen dúbida, que todos pasáramos un bo rato!
Mariña é a mellor regueifeira do mundo mundial pero queda sen palabras… Nikolai sempre quixo ser músico e tocoulle ser aviador. Xuntos emprenderán unha viaxe polo mundo buscando palabras novas para as súas regueifas, porque o mundo tamén ten moito que contar.
Actuación destes artistas na casa da Cultura de Taboada o día d
as letras galegas. Foi tanta a participación que tivemos que usar o salón de actos.


Obradoiro musical moi didáctico a través do cal dun xeito práctico e ameno se lles explicou ós nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela a importancia de conservar o música tradicional galega.
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda actuación de Mamá Cabra, con “Contos que saen dos libros”.

O venres, 27 de outubro, tivemos o pracer de acoller o espectáculo “O Xigante”, a cargo da compañía Elefante Elegante, na biblioteca de Mera (Oleiros).
Pequenos e maiores permaneceron atentos á historia excelentemente narrada e interpretada por Gonçalo Guerreiro e na que destacou tamén a constante presencia da música.



Séguenos