Gloria Mosquera (Mamá Cabra) levou o seu “Contos que saen dos libros” á ALM Os Tilos-Teo




Caxoto Contacontos achegou ata a biblioteca municipal do Grove un divertido obradoiro de creación de videoclips no que participaron nenos, nenas, nais e, como non, bibliotecarias.

O resultado desta divertida tarde o veremos en breve cando nos fagan chegar o videoclip xa montadiño


FRAN e a sua amiga FILIPA fixeron pasar a todos os nenos e adultos que acudiron a biblioteca unha xornada “filipante”, na tarde do mércores 10 de maio con unha actividade dentro do programa das Letras Galegas. Música, humor e os contos de CARLOS CASARES: Lolo anda en bicicleta, a galiña azul e as historias de Toribio. Para rematar a sesión de contos, o animador acompañado pola sua guitarra contounos a historia de “HIPOQUÉ???????, un pequeno hipopótamo que pasaba o día querendo saber o “por qué” de todo, con unha divertida maneira de contar cantando esa etapa dos nenos, as veces esgotadora, pero tan necesaria, chamada a “dos porqués”. Os nenos fixeron os coros o longo de toda a canción. Pasárono moi ben.
Un, dous,…. ¡O Viravai!! non llo digades a ninguén eh?

Se tendes a oportunidade aconsellámosvos que busquedes por onde anda o teixugo Paio.

Hoxe xoves, 11 de maio de 2017 estivo pola Axencia de Lectura de Baio, no Concello de Zas e o alumnado do CEIP Labarta Pose, puido coñecer os seus amigos e mesmo cantar con el e con Roni as súas cancións: a granxa, Armando o armadillo, o baile do tiburón, plátanos, a familia Sapo, Canadian farm e o mosquito Federico.

Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das Letras Galegas 2017, Xardin Desordenado deu un concerto na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña, cun programa confeccionado para renderlle homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos do autor.

Esta actividade formaba parte do Ciclo temático “De acordes“, que entre o 1 de abril e o 30 de xuño, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos unha mostra bibliográfica relacionada coa música.
O sábado pola mañán visitou a Biblioteca Pública Municipal “P. M. Martínez Ferro” Gonzalo Guerreiro da compañía Elefante Elegante que trouxo o seu contacontos teatralizado “O Xigante”.
Os rapaces e os seus pais gozaron coa historia do xigante e a súa transformación na que os libros foron os protagonistas. Pasámolo en grande!

DIGITAL CAMERA
O venres, 28 de abril, puidemos disfrutar do talento do Mago Fran e do seu espectáculo de maxia mesturado con contos e xogos.
O Mago Fran conseguiu que os nenos se móstranse entusiasmados e participativos en todo momento.
Actividade moi entretida e moi recomendable.

O espectáculo Filipa cos contos, a cargo de Bandulo Azul, achegouse á Biblioteca Municipal do Vicedo, concretamente ao salón de actos anexo e contou cunha moi numerosa asistencia de nenos e nenas acompañados polos adultos. Durante case unha hora houbo moita animación, música, contos e risas aseguradas tanto entre os nenos e nenas como nos propios adultos. Foron contados varios contos, cantouse xunto co actor e, en definitiva, pasaron unha boa xornada de tarde entre todos animándose mutuamente a ler e utilizar a Biblioteca do Vicedo.
Na véspera do Día do libro , puidemos desfrutar na Biblioteca do Grilo-Caheiras das “Parábolas de Pakolas”. Trátase dun espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música rock e máis estilos que entusiasman aos nenos e ás nenas. Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. Nin a calor desanimou á rapazada. Puro rock…







Para rematar as actividades programadas arredor da data do “Día do Libro”, contamos hoxe na biblioteca coa actividade “Á escena contos!”. A mellor parte de calquera espectáculo é crealo, e iso é o que se fixo nesta actividade de “Ler conta Moito” . 16 nenos dos últimos cursos de primaria, dos colexios Manuel Respino e Pablo VI-Fátima crearon un pequeno espectáculo audiovisual a partir dunha historia: os personaxes, escenario, música, e o mellor de todo levaron a escena o conto de “monstros” para todos os compañeiros. O resultado quedou moi gracioso. Os nenos aprenderon a preparar unha historia e contala, para deste xeito poder repetir a experiencia cando, como e onde queiran, só precisan de dúas ferramentas: a creatividade e unha historia!


Séguenos