Palabras confeitadas na biblioteca de Xermade

Tivemos unha tarde adicada ós usuarios do programa “Educar en familia” e unha primeira toma de contacto dos bebés cos contos e coa narración oral.

Tivemos unha tarde adicada ós usuarios do programa “Educar en familia” e unha primeira toma de contacto dos bebés cos contos e coa narración oral.

Brinca Vai!, é un espectáculo no que Paco Nogueiras, acompañado dos seus instrumentos e a súa querida máquina, interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal. O humor está presente de principio a fin nesta función, na que maiores e pequenos moveronse a ritmo de rap, techno, rock e reggae, que son algúns dos estilos modernos que caracterizan as composicións.
Pasamos unha tarde agradable escoitando e bailando coa a música Brinca Vai!

Caxoto Contacontos visitou esta tarde a biblioteca municipal de Brión cos seus “Contos de medo que deixan durmir” na equipaxe. Un espectáculo de animación dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade que durante 60 min. divertiu por igual a pequenos e grandes.
O serán conta contos celebrouse ás 18:00 h. na sala infantil da biblioteca, un espazo que resultou pequeno ante unha afluencia de nenos e pais como hai tempo non se vía. Máis de 50 nenos e nenas participaron na sesión de animación, sen contar aos adultos, que na súa maioría tiveron que esperar na sala principal ao completarse o aforo da sección infantil.
Co tema do medo como protagonista, Caxoto combinou no espectáculo narración, música e xogo, interactuando en todo momento co público para converter os temores dos pequenos en algo do que rirse e co que divertirse. Todo grazas a fantasía dos contos e a imaxinación dos espectadores.
Unha actividade coa que a B.P.M. de Brión se une á celebración do Día da Biblioteca, unha efeméride que quere trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como punto de encontro de lectores de todas as idades coa cultura, e coma un instrumento de mellora da formación e convivencia. A sesión conta contos contou co apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
![]()
O día 23 de outubro chegou a BPM de Vila de Cruces, Atenea de Xarope Tulú coa actividade “A falta de pan, bos son contos”.
Foi unha actividade divertida e entretida na que os asistentes escoitaron atentamente os contos que lles contou, axudaron nas cancións, participaron nas adiviñas, interactuando de maneira moi activa coa contacontos.

Juste ofreceu unha montaxe onde narrou e interpretou contos e lendas de todos os continentes así como historias propias que tiñan como obxectivo inculcar unha serie de valores positivos nos asistentes sobre a natureza, o planeta e os seus habitantes.

Fantástica mañá de sábado durante a cal grandes e pequenos puideron disfrutar xuntos das historias, que combinaron a manipulación do teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), a técnica emaki (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergaminos ilustrados) e despregable po-up, mesturados cunha revisión persoal do teatro de papel español e francés.


O xoves 20 de outubro tivemos a sorte de contar coa compañía Elefante Elegante na nosa biblioteca. O seu espectáculo “O xigante” fixo gozar a grandes e pequenos coa música e narración, chea de bos consellos, entre o que está o respecto á natureza.

Onte a ALM de Vilariño foi a derradeira parada de Lili Gruyère e do coelliño branco en Cambados. Tras visitar os diferentes centros culturais da vila, non puideron ter mellor despedida pois os pais e nenos acolléronos entre risas e aplausos… e non era para menos despois de terlles contado historias como a de Lucía Cotriñas ou facer sorprendentes trucos de maxia.
A sesión rematou cantando entre todos a canción de “Lonxe de todo”… ata pronto Trinke Trinke!


O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..

O DÍA 18 DE OUTUBRO DE 2016 NA BIBLIOTECA DE O FROXEL “Francisco A. Vidal” – ARTEIXO.
O GAITEIRO CABEZUDO e as nais dos más cativos como percusionistas estelares, ofreceron de xeito divertido, un concerto didáctico de música tradicional coa participación do resto do público.
Tamén mostraron as características da gaita galega e dos instrumentos que a acompañaban.

Os nenos participaron tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas.
O venres, 14 de outubro, visitounos o Mago Paco, co seu espéctaculo de maxia mesturado con xogos e contos no que os nenos/as participaron continuamente.
Pasamos unha tarde moi divertida na que as gargalladas, a espontaneidade e como non o asombro dos máis picaros, fixeron a ledicia dos asistentes.



Séguenos