Estefanía Padullés debuxa “A miña cadeliña”na Praza dos Libros de Carballo

O pasado sábado, 8 de xullo, a ilustradora Estefanía Padullés visitou a carpa da Praza dos Libros de Carballo e ofreceunos toda unha clase maxistral de debuxo para presentarnos o seu último traballo “A miña cadeliña”, escrito por Francisco Rodríguez Iglesias e editado por Hércules.
Contounos a historia do libro cos seus debuxos en directo e foi interactuando cos asistentes, que quedaron marabillados co seu talento.












O pasado día 5 de xullo Eduvía realizou a actuación Bibliocanta na que achegaron o cancioneiro tradicional galego a rapazada que participa nun campamento de verán. Actividade moi participativa e na que os nenos e as nenas o pasaron en grande.












Séguenos