POSTAIS DE PAPEL RECICLADO
Hoxe demos comezo á serie de obradoiros que terán lugar os luns na biblioteca municipal.
Eiquí vai unha mostra do traballo desenvolvido.
Hoxe demos comezo á serie de obradoiros que terán lugar os luns na biblioteca municipal.
Eiquí vai unha mostra do traballo desenvolvido.

Desfrutamos moito co obradoiro de chapas para a igualdade, cunha gran participación de rapaces e familias.
Ángela Ruíz Robles, Ada Lovelace, Ángeles Alvariño, Marie Curie. Foron grandísimas persoas que no seu momento non tiveron o recoñecemento dos seus logros polo feito de non ser homes.
As nosas divulgadoras científicas Rula e Mónica da Asociación CentiElas, amosáronnos como Ángela foi a inventora do primeiro Notebook, a principios do século pasado, Ada foi a precursora da programación informática , Ángeles unha grande oceanógrafa de Ferrol, e Marie Curie unha das mentes máis brilantes da historia da humanidade.
Na segunda parte da sesión, a mocidade participante crearon un
fluido non newtoniano.

Este mércores 28 de xuño tivemos na Biblioteca de Cenlle un Taller de Robótica educátiva.
@s asistentes descubriron os principios da ciencia, a tecnoloxía e as matemáticas participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica.


Contacontos con cancións ,luces ,xogos con globos ,pompas de xabón etc adaptado para bebés

Musicando un conto coa voz, con instrumentos, con elementos naturais e con obxectos da vida cotiá; xornais, radiografías etc…
Namentres eu narraron o conto os participantes foron interpretando os sons e a música seguindo a partitura creada anteriormente.





A Biblioteca Xela Arias festexou a chegada do verán cun contacontos no Parque do Piñeiral do Crego, o magnífico mirador de Chapela que se encontra a carón da biblioteca.
O Bardo Abelardo foi o encargado de amenizar esta pequena festa, e o parque, as vistas, as árbores, os elementos do parque infantil e as familias congregadas, o marco ideal para acollela.
+ INFO no noso BLOG: https://bibliotecas.redondela.gal/o-bardo-abelardo-inaugura-o-veran-na-biblioteca-xela-arias-de-chapela/
O xoves 22 de xuño tivo lugar na Biblioteca Municipal de Ponteareas, o obradoiro titulado: Argallando. Nesta actividade o obxectivo e potenciar a creatividade do público infantil ca participación dos seus pais. Con elementos naturais, osnenos axudados polos seus proxenitores puideron facer o que consideraran oportuno: un barco, unha escoba, un coche, un moneco, un paquete de regalo, etc, todo isto construido con elementos naturais.
En realidade tratase dun obradoiro de caracter familiar, onde participaban os nenos/as cos seus pais fomentando as habilidades manuais e favorecendo o coñecemento e a cooperación interxeneracional.
Este xoves 22 de xuño para dar a benvida ao verán achegouse ata a biblioteca municipal de Ponteceso Xoan Curiel. Os asistentes ao concerto “Como montar a túa banda de verán”, poideron cantar, rir e bailar ao ritmo da música e participar activamente ao son que Xoan nos tocou.



Séguenos