A verdadeira historia de Hamelín

Os cativos de Oroso por fin coñeceron a verdadeira historia de Hamelín da man de Moc Moc Mere Clown.

Os cativos de Oroso por fin coñeceron a verdadeira historia de Hamelín da man de Moc Moc Mere Clown.
O xoves 13 de outubro o Mago Albert fixo as delicias dos asistentes á Axencia de Lectura de Meaño cos seus trucos de Maxia e os contos populares: carapuchiña vermella…. Pasamos un momento moi entretido.


O día 13 de outubre tivemos a sorte de gozar do espectáculo Por que é salgada a auga do mar? no auditorio Emilia Pardo Bazán , no mismo edificio onde se atopa a Biblioteca Municipal.
Todo o público disfrutou, das distintas hipótesis sobre a orixe do sal no mar


, por un lado na búsqueda nos libros da biblioteca e por outro nunha vella historia acontecida nas illas Cies. Así foi como os Quinquillans mergullaron a todo o público nas suas historias.
Rematando o espectáculo cunha expedición aos fondos mariños levándose consigo ó público polo auditorio e pola plaza, onde descubrimos unhas fantásticas e luminosas especies mariñas.


Unha historia de aventuras apaixonante, na procura dun tesouro, tendo como base unha taberna, combinando cancións, contos e títeres, para conseguir a total atención dos asistentes.


Tomando como base o conto de Barriga verde, desenrolase esta actividade que combina, humor e maxia, sendo o amor o tema principal, disfrutamos dunha entretida historia, que mantivo a maiores e cativos encandiladados
Marabilloso evento no Valadouro, Estrelas no bico, na fronte un cantar, conducido pola polifacética artista Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Estibaliz fixo divulgación científica, contestando as inquedanzas do homo sapiens sobre a súa esencia e sobre o espazo que nos rodea máis alén: Galaxias, constelacións, exoplanetas e estrelas de reminiscencias rosalianas… A ciencia inspira a curiosidade e a literatura de Estibaliz que é beleza reflectida na materia escura que debemos descubrir e alentar. Travelers who prefer a more upscale nightlife experience often spend time browsing curated directories before choosing who to contact. For many visitors, the search naturally leads to profiles of premium escorts known for elegance, discretion, and refined companionship. A música encadea este revelador Ler conta Moito cunha voz fascinante, inmensa, cósmica como dixo unha espectadora atenta. Foi un pracer asistirmos a esta divulgación literaria tan necesaria e fermosa.
Rigoletto Teatro estivo na Biblioteca Municipal de Ordes. O seu espectáculo triunfou! Facendo biblioteca!

Biblioteca Municipal de Ponteceso
O venres 14 de outubro poidemos disfrutar tanto nenos e nenas como adultos, na biblioteca Municipal de Ponteceso, do espectáculo “Somos iguais na maxia” de 2 Mind Comined. Combinando vídeos, sombras de figuras e trucos de maxia, Elisa e Ian crean unha peza única onde tratan a igualdade de xénero. Unha actividade fantástica onde os asistentes pasaron unha divertida tarde.
Outubro, Mes das Bibliotecas!!!
O venres 14 de outubro tivemos unha sesión especial na Biblioteca de Portonovo.
Especial porque era a primeira vez que facíamos unha actividade exclusivamente para adultos e non sabíamos o que ía resultar.
Ángeles Goás meteuse ó público asistente no bolsillo coa súa primeira historia e logo xa non foron quén de parar de rir e comentar as situacións que ela presentaba.

Durante unha hora as persoas alí presentes escoitaron historias que os facían voltar a infancia ou recordar feitos parecidos.
E o público asistente era moi variado en idade, desde as máis xóvenes ata os 90 anos da persoa de máis idade.
Moitas grazas a Ángeles Goás por facernos pasar unha noite divertida e sen medo 😉
O martes día 11 de outubro, continuando coas sesións de contacontos, tivemos a sorte de contar con Bandullo azul e o seu espectáculo “Filipa cos contos”.
Fran Campos, coa súa guitarra e coa súa inseparable compañeira “Filipa”, fíxonos desfrutar moito escoitando contos de risa pero tamén de medo como “A figueira de Pelostortos”.
Pasámolo fenomenal tanto grandes como pequenos. Foi “Filipante”.





Séguenos