Un grupo de científicos e científicas novatos invanden a Biblioteca de Salceda de Caselas!
A ciencia chegou á Biblioteca de Salceda da man de Arenaria Coordinación e o pasado venres os rapaces e rapazas de Salceda pasaron unha magnífica tarde grazas os experimentos propostos.
Durante hora e media tiveron a oportunidade de disfrutar de distintos experimentos que lle resultaron tan educativos como divertidos e fixeron que a tarde do venres pasase nun suspiro e non quixeran marchar.
Coidamos que a próxima vez teremos que facela en familia, retando a nais e pais a ser tan espabilados como os peques!

























Séguenos