CHARO PITA NA BIBLIOTECA DE BELUSO (BUEU)
Charo Pita tráenos o espectáculo “A corpo contado”; onde nárranse contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas e de todo o mundo.


Charo Pita tráenos o espectáculo “A corpo contado”; onde nárranse contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas e de todo o mundo.


O día 16 de outubro na B.P.M. de Láncara tivo tivo lugar o obradoiro creativo “Deixa o móbil e debuxa”, realizado por Xosé Manuel Fernández Montes, no que os rapaces aprenderon diferentes técnicas para poder representar os debuxos propostos, tales como animais, personaxes de cómic, etc

O mércores 15 de outubro os nenos e nenas do CEIP As Bizocas disfrutaron dun espectáculo entretido e moi participativo a cargo de Ghazaflhos. Mon e Pe propuxeron aos nenos e nenas interpretar aqueles contos elexidos sobre lobos. Asi, contouse o conto dos Tres Porquiños, o de Carapuchiña e o dos Sete cabritiños.

Biblioteca Pública de Burela:
O sábado , 18 de outubro, visitounos Chisco de GALITOON, e fíxonos pasar unha xornada moi , pero que moi leda. Fixemos xunto cos nosos pais e nais un títere de calcetín. Cada un de nós conseguimos construir o noso títere. Unha xornada de diversión que de seguro moitos repetiremos nas nosas casas coa nosa familia, xa que todo o que utilizamos para crealos son materiais reciclados.
Grazas Chisco polo día tan fermoso que nos fixeches pasar!!

Obradoiro de construción de títeres de calcetin de GALITOON
O martes 14 de outubro, continuando coas sesións de contacontos, Bandullo Azul tróuxonos o seu espectáculo: “Historias dun mundo grande”; onde a cadeliña Becki cóntanos historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo.
Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas. Con ela cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade.
Tarde moi divertida e participativa na que, tanto grandes coma pequenos, o pasamos en grande.



O venres 17 de outubro celebrouse na Biblioteca Municipal de Noia o escape room “Os misterios da biblioteca”, un xogo no que os cativos e cativas debían descifrar todos os enigmas e así conseguir resolver o misterio da perda da memoria da bibliotecaria Alba. A través da actividade, os nenos e nenas puxeron a proba o seu pensamento lóxico, creatividade, atención, cooperación, memoria e traballo en equipo.

Onte, 17 de outubro, a contadora de contos e actriz Raquel Queizás visitou a vila de Sarria co seu espectáculo “Elas sempre contan”. Co gallo da celebración do “Día das Escritoras”, Raquel presentounos varias lecturas escritas por mulleres, que ganas de comezar a leelas todas!!!



O pasado xoves, 16 de outubro, ás 18:30 h, a Biblioteca Central acolleu a actuación de Trinke Trinke – 🐭📚 Os Ratos de Lonxedetodo, que volveron a encher de maxia e alegría o noso espazo. Houbo unha gran asistencia e entusiasmo, con 28 nenas e nenos e 21 persoas adultas que gozaron dunha tarde chea de música, contos e imaxinación.
O rato Fuco visitou a biblioteca acompañado das cancións do seu álbum ilustrado musical “Viaxes e Cancións dos Ratos de Lonxedetodo”, que xa foi un éxito de vendas en varias librarías de Galicia. Entre risas, historias e melodías, o público viaxou con el por mundos de fantasía e lembranza.
Foi un encontro especial, cheo de tradición, literatura e música, que deixou un moi bo sabor de boca e moitas ganas de repetir.
Este martes acompañounos Paula Carballeira para falar da súa obra teatral “As Alumnas”, coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023. Foi unha charla do máis gratificante na que falou de como xurde a idea, como vai artellando os diferentes elementos sobre unha base histórica fiel e sempre presente, onde tamén deixa a súa pegada persoal. Todo isto, amenizado co seu bo facer como contadora onde non faltaron as risas e as anécdotas que xurdiron coas diversas representacións da obra. Quedamos encantadas de pasar unha tarde tan amena, recordando e aprendendo como era o sistema educativo da muller na primeira metade do século pasado.


Séguenos