MAXIA DAS MARAVILLAS NA B.P.M. ” CASA HABANERA” DE GUTIRIZ

O Mago Niko presentounos un espectáculo de maxia e son, baseado no libro “As aventuras de Alicia no país das maravillas”.

O Mago Niko presentounos un espectáculo de maxia e son, baseado no libro “As aventuras de Alicia no país das maravillas”.

Manuel Solla trouxo o seu espectáculo “O Libro Vivo” ata Vilanova para inculcar a nenos e maiores a paixón pola lectura a través de contos, títeres e maxia.
Completou unha fin de semana que dende a programación cultural do Concello se orientou cara os máis pequenos.
Realizouse na entrada da Biblioteca Municipal Irmáns Camba, ao aire libre para así cumplir con todos os requerimentos de seguridade.



Na tarde do venres 20 de agosto as inmediacións da Biblioteca Municipal Irmáns Camba enchéronse de diversión co espectáculo “O Censor de Monstros”, levado a cabo pola compañía Barafunda.Os seus protagonistas adentraron ao público en todo un mundo de historias, viaxando a través das nosas terras e conocendo a todas as clases de monstros e criaturas mitolóxicas que habitan en Galicia.

A actividade congregou a preto dun centenar de persoas e levouse a cabo seguindo todas as medidas sanitarias.
Este martes 31 de agosto, na Biblioteca Pública Municipal do Grove, tivemos un obradoiro no que o analóxico e o tecnolóxico se fusionan para dar paso a un produto único. Nada máis e nada menos que unha animación creada polos propios participantes! O resultado foi xenial e esperamos que voltedes de novo, as participantes quedaron encantadas!


Na mañá do 31 de agosto na Biblioteca Municipal de Paderne, os nenos e nenas do concello con idades comprendidas entre 3 e 6 anos foron partícipes dunha entretida actuación dos “Contos do avó “. Acompañado dunha vella maleta chea de aventuras o avó mais velliño de todos, relatou infinidade de historias de tempos atrás e lendas da nosa terra. Sen dúbida un momento de lecer para os alí presentes.
Onte tivemos a actuación do Grupo de Polo correo do Vento nas inmediacións da Biblioteca de Ribadumia.
preto dun cento de nenos disfrutaron das historias do Pinguino Panchito, e das ilustracións dos artistas.
os propios nenos foron participes das historias creando o seu propio dibuxo e utilizando linguaxe de signos.

O pasado venres 27, chegou a Biblioteca de Vilasantar Anxo, subido nun patinete con forma de nube e o seu paraguas pintado de poesias, onde lle estivo contando contos e cantigas os nenos, a través do seu proxecto Cuco (Cultura contra o cambio climático) “O Nubinete contra o Cambio Climático”.
Actividade realizada o aire libre, seguindo os protocolos covid.


O sábado 21 de agosto estivo en Muxía Lía Magalia e os seus fermosos contos de animais. A rapazada puido disfrutalos ao aire libre para unha maior seguridade.
O día 14 de agosto trouxemos ata Muxía a Excéntricas e Teatro de Adro co espectáculo Cartoons. A actuación tivo lugar na rúa debido ao calor e ás medidas covid, e dado que este ano está permitido facelo fóra da biblioteca. Tivo moito éxito e é un espectáculo moi recomendable para disfrutar en familia
Asistiron unhas 60 persoas.
O venres chegaron á nosa biblio os Contos de Chuches Amil.
Unha tarde na que aprendemos que, ás veces, as cousas non son coma sempre nolas contaron e, a maiores, pasámolo en grande.



Séguenos