A ciencia de Harry Potter en Vilar de Barrio


A compañía Migallas Teatro estivo o sábado 5 de outubro en Catoira co espectáculo “Canta connosco!”. Pequenos e maiores gozaron coas divertidas historias e anécdotas deste libro-disco-dvd que María e Carlos nos contaron e cantaron.

Este sábado, 5 de outubro, ás 12.00 h no salón de actos anexo á Biblioteca de Ribeira apareceu un galiñeiro cheo de ovos de conto. Electra Menéndez foi presentando, coa axuda dos nenos e das nenas, todos os personaxes que alí vivían.

Ao rematar as presentacións fixemos un conto entre todos no que había había gatos con botas, tres porquiños, un mago… Unha manchea de personaxes e historias.
Logo dos contos pasamos ao obradoiro onde facer plastilina para crear os nosos propios “ovos de conto”.

Grazas a todas e todos os que participastes.
O venres 4 de outubro, en “Tardes de Contos e lendas” tivemos con nós a “Garabato de xogos”. “Unha armadura con ferruxe “. Espectáculo estupendo e divertido. O público disfrutou moito e aprendemos ago máis sobre a igualdade, a familia, as guerras…

O venres tivemos a fortuna de disfrutar da impecable actuación de Ignacio Vilariño exorcizando, a través de contos e cancións populares galegos de medo, os canguelos infantís . Coma sempre, coa presenza das intérpretes en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA

A Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis “P. M. Martínez Ferro” organizou o pasado venres 4 de outubro a actividade “Contando números, cantando cores” a cargo de Pablo Díaz. O músico coruñés moi coñecido pola xente miuda grazas aos seus traballos discográficos e colaboracións fíxonos reflexionar e por suposto pasalo moi ben cos seus contos e cantos.



O sábado 5 de outubro os nenxs de Portosín puideron desfrutar do Contacontos «A carteira de Augasclaras” baseados en dúas obras clásicas da literatura infantil que transmiten valores de igualdade, “Artur e Clementina” e “Rosa Caramelo”. Dirixido a nenxs a partir de 4 anos.
Actividade de asistencia gratuíta.
Fermoso espectáculo no que se xuntou a fusión do mundo da infancia co poder xestual e a expresión corporal de Verónica Rilo e a música do acordeón de Sonsoles Penadique. Rilo&Penadique conseguiron que as crianzas da Escola Infantil de Ponteceso e as súas familias disfrutaran da actividade.

O pasado sábado desenvolveuse na Biblioteca de Quiroga o obradoiro Rosalía tod@s por igual a cargo de Tarabelos. A través da figura de Rosalía, e da man bos profesionais de Tarabelos, nenos e nenas achegaráronse a nosa literatura, historia, tradicións e mesmo crearon a súa obra de arte pola igualdade. Foi una actividade moi amena e divertida.
É sabido por todos que cando un aprende desfrutando, aprende mellor. Pois ben, isto lles pasou ós cativos asistentes á actividade Estrafalaria o pasado venres na Biblioteca Municipal de Noia que, da man da contacontos Atenea, aprenderon a que o que dita a sociedade non sempre é o mellor para nós, e que, ser distintos ós demáis, non é nada malo senón máis ben ó contrario. As rarezas fannos especiais e temos que aprender a valorar o seu lado positivo. Un contacontos áxil e moi participativo cos cativos.


Séguenos