04/10/2019
O xoves, 3 de outubro pola mañá estivo connosco Raquel Queizás. O motivo da súa visita foi a representación do espectáculo “Somos iguais”, enmarcado dentro da categoría Igualdade e Violencia de xénero.
Esta representación estivo dirixida a alumnos das exolas infantís do Concello de Arteixo que visitaron a Biblioteca (para algúns deles, a súa primeira vez). Nesta contada, Raquel a través das súas historias amosou os cativos e cativas que todos somos iguais independentemente do noso xénero, que temos a mesma sensibilidade, que non importan as cores a hora de vestirnos, etc. e, en definintiva que temos que desterrar todos aqueles estereotipos relacionados co xénero que aínda están inmersos na sociedade actual.
Os nenos e nenas cantaron, balilaron e participaron da actuación e pasaron unha mañá moi divertida acompañados dos seus profesores.

Séguenos