CHARO PITA NO FIN DE ACTIVIDADES DO PAI -BÓVEDA
Un ano máis, Charo Pita, fantástica contadora, puxo o punto final neste curso do Punta de Atención á Infancia do concello de Bóveda (Lugo).

Un ano máis, Charo Pita, fantástica contadora, puxo o punto final neste curso do Punta de Atención á Infancia do concello de Bóveda (Lugo).


A tarde do sábado día 3 de agosto foi unha tarde especial, cheo de xogos de maxia, diversión e moitas risas…
Día 2 de agosto de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
da man de Miguel Alonso e Irene
o 2 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
tivemos esta sesión musical coa que nos achegamos ás animadas historias da vila de Bemol Pequeno, resolvendo misterios, cantando e bailando:

resolvemos o misterio da música desaparecida coa Meiga Xela, cantamos co dinosaurio Pepón e don Melitón e bailamos ao ritmo que marca a Banda do Carballo.
Foi unha sesión moi divertida, non sabiamos que cantabamos tan ben!


Descobrimos instrumentos novos e sons diferentes.


Marcamos diferentes ritmos e pasámolo moi ben.


Os rapaces e rapazas do Campamento de Verán do Concello de Carballedo disfrutaron dun magnífico contacontos-obradoiro coas peripecias do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa e poideron convertirse eles e elas en auténticos reposteiros…
O 31 de xullo tivo lugar na Biblioteca de Riós a realización da actividade: A biblioteca secreta.
Unha actividade moi instructiva que lles gustou moito ós asistentes.
O pasado 31 de xullo as nenas e nenos máis pequenos de Abegondo viaxaron e exploraron o mundo dos cinco sentidos a través dos contos.

O pasado mércores 31 de setembro tivo lugar na Biblioteca Municipal de Alfoz unha sesión de contos para os nenos da escola infantil na que se integraron a música en directo, contos infantís e expresión dramática. Unha tarde preciosa na que os nenos e nenas de 0 a 3 anos disfrutaron na compaña das súas familias desta actividade.

O 24 de xullo Antía Yáñez achegouse aa a Biblioteca Municipal para mostrarlle ás rapazas e rapaces do Pino a maneira de buscar un tesouro agochado nos libros da súa bilioteca. A través de pistas descubriron como está organizada a Biblioteca, que tipo de libros se poden atopar nela e senón a quen lle preguntar.Desde entón algunha e algún xa veu facerse soci@!!



Este mércores na Biblioteca Municipal de Quiroga os menos e nenas dos campamentos de verán coñeceron a verdadeira historia de Hamelin con Mere Clown. A través da música, malabares, e moito humor descubrimos cal foi a verdadeira historia.
Actividade dinámica e divertida na que o artista fai participar a todo o público asistente
Laura Alonso desenvolveu na Biblioteca Municipal de Lugo o seu obradoiro “A máquina de facer debuxos animados”, no que explica aos nenos e nenos cómo se facían os primeiros debuxos animados.

Eles mesmos fixeron a súa propia secuencia de debuxos e a continuación construiron un zoótropo co que dar movemento aos debuxos.



Séguenos