NA BIBLIOTECA DE CELANOVA HAI MAXIA
Hoxe, os cativos de Celanova e da man do mago Pedro Bugarín, poderon atisbar un pouquiño das artes máxicas grazas o seu obradoiro Obramaxia 2.0.
É toda unha ledicia ver as caras de ilusión dos nosos rapaces.
Hoxe, os cativos de Celanova e da man do mago Pedro Bugarín, poderon atisbar un pouquiño das artes máxicas grazas o seu obradoiro Obramaxia 2.0.
É toda unha ledicia ver as caras de ilusión dos nosos rapaces.
O día 21 de xullo estivo o Mago Pedro Bugarín no auditorio de Covelo. Unha actividade divertida a través da maxia, que fixo pasar un rato agradable a cativos e maiores

O mércores 4 de xullo a contadora Marta Ortiz estivo na nosa biblioteca espertando a imaxinación do público coa súa narración e interpretación.

Así de atentos, estivemos.

O xoves, 19 de xullo, Dani Viétez e Iria Iglesias, autores da colección de libros de O raposo Rufo, desenvolveron na Biblioteca Muncipal de Lugo un contacontos sobre o coidado de medio e a importancia da reciclaxe.

Entre as posibilidades de reciclaxe suxeriron a reutilización das caixas como teatriños para o que os nenos e nenas realizaron os seus propios monicreques.

Chegan a biblioteca 0s teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos…, para contar as suas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos…., para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro. Había unha barca máxica para ir ao bosque dos contos e con eles a pastora de nubes, o señor escocés, a monitora irlandesa, o lobo número 1 e número 2, a pastora das ovellas, unha barqueirinha, etc. Anxo ensinou aos nenos moitos contos, cancións e viaxes polo mundo das árbores. Foi un percorrido máxico pola natureza e os seres marabillosos que a habitan.

Rematou o día da maxia cunha fantástica asistencia tanto no obradoiro da mañá como no espectáculo da noite. O mago Pedro Bugarín ensinou aos pequenos algúns trucos de maxia durante a mañá e xa pola noite presentou un espectáculo moi ameno para todas as idades
Este pasado mércores os nosos cativ@s desfrutaron dun divertido obradoiro para confeccionar as bolsas que despois empregaron para levar os libros en préstamo para a súa casa. Durante unha hora e media puxeron moito empeño e creatividade para que quedasen perfectas…


Na Axencia de Lectura do municipio pontevedrés de A Lama levouse a cabo a actividade: Construindo o noso libro ilustrado,. Foi realizada gracias ao Programa de dinamización da lectura Ler conta moito 2018 da Rede de bibliotecas da Xunta de Galicia e o acto asistiron rapaces entre 6 e 14 anos resultando de gran interese para todos eles.
Contos, xogos, propostas plásticas e música déronse a man para crear un obradoiro aberto a todo o público, onde ademáis de compartir historias e de recurrir á plástica foi necesaria a implicación dos asistentes para crear a nosa mellor sopa do mundo.

A editora OQO trouxo a Bóveda un obradoiro xenial.



Séguenos