Cris de Caldas en Boiro
Os nenos e nenas de Boiro gozaron dunha sesión de contacontos na que tamén fixeron de actores e actricez improvisados. Logo da narración tivemos un obradoiro de manualidades relacionado cos relatos.
![]()
![]()


Guardar
O pasado martes, 24 de outubro tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Areas a actividade “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene“ actuación de Solidariedade Internacional de Galicia. Esta actividade foi realizada coa conmemoración coincidindo o Día da Biblioteca.
Tanto os nenos coma os adultos quedamos marabillados cos contos e historias de África, as lembranzas, a vida cotiá, os costumes, alimentación, música, baile, a flora e a fauna, etc… unha actuación na que ademais de escoitar contos puidemos sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar área do deserto, etc…
Actividade moi entretida na que os nenos e adultos puideron “viaxar” sin saír da biblioteca por distintos países de Oriente Próximo, como o Líbano, Jordania ou Palestina… e poder experimentar todas esas vivencias que teñen noutros lugares do noso planeta e súas culturas.

Tarde divertida para os pequenos cociñando contos dende a cociña de Madame Bechamel e Signorina Bolognesa.
O xoves 26 de outubro, Trinke trinke visitou a Axencia de Lectura de Castrelo tras ter visitado case todas as parroquias grazas ao programa Ler Conta moito.
Ratisuco Ratoncio veunos falar do seu país “Lonxedetodo”, houbo tempo tamén para que nos tocara o acordeón, para cantar, xogar con globos de cores e rir…
Velaquí unha pequena mostra….

Pepablo Patiño convidounos a realizar unha viaxe polo medio do cosmos cos personaxes como ‘O saltón astronauta’ que cautivou aos asistentes polas súas dimensións. Camiñamos entre as estrelas dun xeito ilustrado para ver a formación destas, dos planetas, dos astros, … unha actividade distendida que puxo o seu broche para esta edición coa representación das perseidas ou choiva de estrelas
Gargalladas, sorrisos, aplausos, e un bo clima dotado dunha gran participación foron os eixes principais deste contacontos na nosa Biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas.

Diversión e suspense para os alumnos de segundo e terceiro ciclo do C.E.I.P. de Moeche mentres investigaban un asasinato, utilizando nas súas pesquisas a biotecnoloxía: impresións dixitais, ADN…

O xoves 26 de outubro gozamos na Biblioteca Central Rialeda dun obradoiro de autoedición moi interesante no que aprendimos a realizar unha revista utilizando letras de molde fabricadas con obxectos reutilizados, goma Eva, cartolinas, tintas para estampación, rotuladores, etc…
Foi moi divertido!!!


A visita de Caxoto, e os seus Contos de medo que deixan durmir, serviu para festexar Samaín na nosa biblioteca.
Unha visión especial do medo en clave humorística. Falamos co barrendeiro do cemiterio municipal, curioseamos o que leva un enterrador no seu maletín e ata celebramos o cumpreanos do lobo.

Os nenos divertíronse moito cantando, bailando e participando nas trangalladas que Caxoto lles propuña.
Na biblioteca cheira a marmeleiro, anís e limón, arrecendos que acompañaron os contos de Marisa Irimia.



Séguenos