Diversión e maxia na ALM de Oubiña!
Onte A illa dos nenos visitou a ALM de Oubiña para celebrar connosco o Día do Libro Infantil… e fixémolo entre contos e maxia… aí van algunhas imaxes!

Onte A illa dos nenos visitou a ALM de Oubiña para celebrar connosco o Día do Libro Infantil… e fixémolo entre contos e maxia… aí van algunhas imaxes!


O martes 4 de abril Os Contos de Pablísimo achegáronse a Salceda de Caselas .
Os nenos e nenas celebraron o Día do Libro Infantil e Xuvenil da mellor das maneiras, con historias contadas con palabras e as personaxes aparecidas nas mans


Luns 03 de abril de 2017.
Celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa pegada do cartelo conmemorativo e a lectura do manifesto do poeta Sergey Makhotin.
Ás 17:00 tivemos un obradoiro”Caderno de Lectura.No obradoiro empregouse o método zentangle para decorar un caderno de lectura. É unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.

Para celebrar o dia internacional do Libro Infantil e Xuvenil , o dia 3 na biblioteca, visitáronnos uns ratiños moi travesos da compañía Trinketrinke.
Tanto os pais como os nenos pasaron unha tarde moi divertida co contacontos titulado “Os ratiños dá caixa”
Na biblio de Mugardos estreamos o mes dos libros aprendendo a contar historias por medio de sombras chinesas. Olga Abad, de Intres, ensinou aos pequenas e pequenas mugardeses a narrativa
apoiada nesta técnica oriental, nun obradoiro moi completo do que saíron encantados/as.
Esta sábado, 1 de abril, comezamos na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira a programación de contacontos dentro da iniciativa Ler Conta Moito.
Xuntámonos para ler no Recuncho dos libros infantís.https://www.facebook.com/bibliotecariveira/

O día 1 de abril tivemos os contos de Juste Kamishibai. Historias orientais nacidas dunha preciosa caixiña máxica chea de imaxes e palabras.

O día 4 de abril ás 11.00 h. celebramos o Día do Libro Infantil, coa actividade de Charo Pita “O curral de Cocoricoricó ”.
Nenos e maiores disfrutaron das aventuras e peripecias de Cocoricoricó e os seus compañeiros de curral na búsqueda do Arco da Vella.

Xogaron, cantaron e pasaron un momento de lecer en familia.

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.


Séguenos