O Rosa non é unha cor
Imaxe do Contacontos e do Obradoiro creativo
Imaxe do Contacontos e do Obradoiro creativo
Onte, 19 de outubro, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido coñecer á simpática Lili Gruyère e ao seu amigo e compañeiro nos trucos de maxia, o Coelliño Branco… que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das Bibliotecas en Cambados… aí van unhas fotos!








Catro voluntarios servíronnos de modelos para que Montse a través de coplas e de poesías nos fose ensinando cal era a vestimenta tradicional na nosa terra, tanto para ir traballar no monte como para os días de festa. Ensinounos os materiais tan diferentes co que estaban feitos, algúns tan ásperos como a la e o liño, e a súa procedencia, as xoias que lucían as mulleres e os homes nas ocasións especiais e como nisto había diferencias sociais. En fin, unha morea de detalles sobre a forma de vida dos nosos tataravós.
Os asistentes puideron ver como é a planta do liño, tocar telas antigas de la (máis de 120 anos) e como é o tacto do liño menos traballado. E por último facerse unha foto co traxe elixido.
O martes 18 gozamos coa actuación de José Juste que coa técnica do Kamishibai, do emaki e outras nos invitou a un mundo máxico, tanto os máis cativos como os adultos que os acompañaron.
Un espectáculo diferente que agradou a todos asistentes.





PENTAX DIGITAL CAMERA
O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..
Nesta sesión de animación á lectura feita por Servando Barreiro fundironse a narración coa música e a poesía para falarnos de que é posíbel un mundo donde a xente viva en armonía coa natureza e a solución ós problemas xurda dos nosos corazóns.
A maneira de contar as historias nos leva ó mundo dos trovadores de antaño.

O DÍA 18 DE OUTUBRO DE 2016 NA BIBLIOTECA DE O FROXEL “Francisco A. Vidal” – ARTEIXO.
O GAITEIRO CABEZUDO e as nais dos más cativos como percusionistas estelares, ofreceron de xeito divertido, un concerto didáctico de música tradicional coa participación do resto do público.
Tamén mostraron as características da gaita galega e dos instrumentos que a acompañaban.

Os nenos participaron tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas.

O día 15 de outubro tivo lugar na Biblioteca Pública Muncipal de Trazo a actuación Comechíns, na que os cativos e os non tan cativos coñeceron eses invonvenientes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día.
A través das historias mergullámonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e os legumes foron os protagonistas.


Séguenos