O XOVES 7 DE ABRIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL 
![libro de lume[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/04/libro-de-lume1-225x300.jpg)
DE SALVATERRA DE MIÑO TIVEMOS A ACTIVIDADE DE LIBROS CONTENTOS CON CARMEN DOMECH, QUE NOS TROUXO DA SÚA CASA UN LIBROS IMPRESIONANTES: UNS ARDÍAN, OUTROS BOTABAN AUGA, OUTROS NON PARABAN DE FALAR, …..OS NENOS PASARONO MOI BEN E OS PAIS TAMÉN.

A biblioteca de Monterroso tivo o venres día 8 a visita de Lili Gruyere, unha ratiña de biblioteca moi especial. Pasamos unha tarde moi divertida co protagonista dun dos contos que nos contou: O coelliño branco”.

A actividade que se realizou o venres 8 e sábado 9 de abril no espazo infantil da Biblioteca do CSC de Vite consistiu na realización de distintos experimentos científicos que foron introducidos tras ler os contos infantís relacionados. Desenvolveuse en dúas sesións tendo en conta a idade que amosaban as nenas e nenos asistentes. Ana Romero buscou a participación dos cativos, mantendo o seu interese en vilo ante os fenómenos casi máxicos que lles foi mostrando ós asistentes. Foi unha forma moi amena de aprender e de pasalo ben. Por outra parte facilitounos o desenvolvemento da actividade en días distintos . Asistiron 24 nenos e 5 adultos
“Contacontos de libros contentos” por Carmen Domech, o venres 8 de abril na nosa Biblioteca, para nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.
Con este contacontos mostráronse os libros dende unha perspectiva diferente, achegándose ao público dunha forma máxica, intentando fomentar a súa imaxinación e incitando aos participantes a descubrir por eles mesmos as marabillosas historias que os libros encerran.



Actividade de contacontos Vai de Bechos! de Charo Pita

O pasado venres, rematou o ciclo de contacontos con Pablísimo nas axencias de lectura de Cambados…a derradeira sesión foi en Oubiña e pequenos e maiores puideron gozar das ocurrentes historias nas que as mans son o fío condutor… Ata moi pronto Pablísimo!


O sábado 2 de abril na actividade”Os sábados, conto” da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil Raquel Galavís tróuxonos”Cantacontos”, cantando e contando diferentes contos. Resultou moi entretida, moi motivadora e participativa.


“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para todos os nenos e nenas que con motivo do día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil visitou a nosa biblioteca.


Séguenos