Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda
Hoxe, a partir das 17:15 horas, a Biblioteca municipal de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos cun espectáculo de Trinke-Trinke.
Hoxe, a partir das 17:15 horas, a Biblioteca municipal de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos cun espectáculo de Trinke-Trinke.
O mércores 19 de marzo, ás 18.30 h. Ana Hermida da Asociación Lisistrata visitounos na Biblioteca de Santa Cruz co espectáculo “Contando en feminino.”
A partir dos seguintes contos : “Historia dos bonobos con lentes”, “A princesa Carlota e o seu dragón mascota”, “Artur e Clementina” e “As cores”, contados desde a perspectiva de xénero e igualdade, xógase cos roles femininos, de xeito que non estean representados só os que son tradicionais nos contos, senón algo igualitario nos que as/os protagonistas o sexan desde o punto de vista da igualdade e da cooperación en todas as facetas da vida.

A actividade completouse coa mostra bibliográfica que sobre “Libros para a igualdade, libros de Adela Turín” espúxose na sala infantil da biblioteca.
Interesantes obradoiro no que os participantes crearon perxoases baseados no seu contorno. Incluso inventaron algúns guións!!
Formas de celebrar o entroido nos distintos pobos do mundo, mediante xogos e actividades relacionando as palabras de diferentes idiomas.
Tarde de sol como facía moito que non víamos, pequenos cos seus pais e nais e cancións, rimas e contos grandes e pequenos para animar

Contos para bebés
Continuando coa nosa Choiva de Contos, Fátima Fernández veu o pasado sábado 8 de marzo a contarnos os seus Contos susurrados.

Contos susurrados na Biblioteca Ánxel Casal
E mentras Fátima conta estas historias, as figuras do conto van saíndo das súas mans.

Historias no aire dos Contos susurrados
A Asociación Cultural Cucarandaina estreou a nova tempada de Choiva de Contos na Biblioteca de Santiago de Compostela Ánxel Casal. E estrearon cos seus Contos de Peto para explicarnos todo o que podemos gardar nos nosos petos.

Cucarandainas no Salón de Actos da Biblioteca
Todos os contos gardados nos petos saíron para facernos pasar unha divertida tarde cos rapaces na biblioteca.

Comezan a escapar os contos do peto
O trinta de setembro, co gallo do Día Internacional da Tradución, organizamos un obradoiro de improvisación en verso para os alumnos de primeiro e segundo de secundaria. Os especialistas, Suso de Xornes e Josiño de Redondela, salientaron a atención e participación tanto dos alumnos como dos profesores.

Obradoiro creativo “Arte nos libros! Con Velázquez, a cargo de Crearte Servizos Culturais
¡Todos quedaron encantados!
Imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades conforman a dinámica destes obradoiros nos que os rapaces interpretan imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexión entre as artes visuais, a literatura, a historia e mesmo as matemáticas. Paixón pola arte e os libros!


Séguenos