O día 9 de outubro Yolanda Castaño chegou á Biblioteca de Meicende da man do seu libro “Verdedades” no cal ilustra e achega os nenos á natureza dunha forma poética e moi amena. Tanto os nenos coma os pais gozaron da poesía participando activamente.

Marta Riera presentou en Valdoviño a conferencia “Debuxar a moda: os figurinos na prensa ilustrada española”
O pasado día 14 de outubro Elefante Elegante representou a súa obra “O Aviador” na Biblioteca Pública Municipal de Irixoa. Este aviador intentou, xunto cos nenos e nenas darlle solucións a un Moucho que lle gusta mais a noite que o dia, ao Aviador parécelle imposible vivir nun mundo sin sol.
O pasado día 27 de setembro Lilí Gruyére despois de recibir o encargo profesional da dirección musical de “A ratiña presumida” escolleu a biblioteca de Irixoa para realizar a presentación da súa versión “O Ratiño Presumido”. Como aínda non tiña reparto realizou un casting entre as persoas asistentes, que representaron a súa obra na biblioteca.

O martes , día 15 de outubro ás 11:30, realizouse na B.P.M. de Salvaterra de Miño unha actividade do programa “Ler conta moito”
O martes, día 15 de outubro ás 11:30, realizouse na Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra de Miño unha actividade do programa “Ler conta moito”.
Que consistiu nun taller de fotografía,realizado polo grupo de animación NI FU NI FA, co título: “Sacando palabras escribindo fotos”, destinado a maiores de 18 anos, no que a partir dunhas fotos podemos facer un montón de cousas , por exemplo: un xogo, identificarnos cunha delas e explicar o porque, facer un poema, facer fotos, creación dunha obra audiovisual cas fotos feitas na biblioteca ……….).
A sesión estivo moi animada e participativa, a xente quedou satisfeita, pero con ganas de máis.
O martes 15 de outubro ás 18:30 h., 31 nenos e nenas disfrutaron na Biblioteca de Montrove, durante aproximadamente una hora, do espectáculo Abrapalabra (Matapiollos Teatro) coa magnífica actuación do mago Carlos Coira, quen fixo que o día rematase dun xeito máxico para todos os presentes. Tanto o público infantil como o adulto quedaron encantados e encantadas con todos os trucos que Carlos lles mostrou e nenos e nenas quixeron participar facendo de axudantes “improvisados” do mago. Foi unha tarde chea de trucos abraiantes, de asombros e de risas…
A tarde do 24 de setembro a contadora Carmen Domech divertíunos co seu espectáculo “Contacontos de libros contentos”. A artista mantivo o interés do público asistente con moita maestría e dominio das técnicas narrativas.
Os destinatarios directos da actividade eran xente miudiña de idades entre tres e seis anos, estes miraban abraiados os diversos “trebellos” que acompañaban a Carmen Domech na súa narración. Ela foi que de manter o interés nun grupo moi heteroxéneo e tamén de “pillar” a atención dos adultos acompañantes. Ao remate falou e comentou con todos a feitura dos elementos empregados na actividade, todos eles de feitura exclusiva da artista. Ler máis →


Séguenos