Marisa Irimia cos seus CONTOS DE AKÍ E DE AKOLÁ non deixou de sorprender a pequenos e maiores.
Achegounos a outros lugares a través das súas palabras.

OS NENOS E NENAS DE SALCEDA PASARON UNHA TARDE MOI DIVERTIDA COS CONTOS DE SOBREMESA DE PABLISIMO.

O pasado venres 5 de xullo a Biblioteca Casa dos Fraga de Cambados inaugurou por todo o alto as actividades infantís de verán, grazas ao espectáculo de Chrystyan Magic “Na senda da serpe alada”, que mesturaba lectura e maxia. Máis de 50 persoas, entre pais e nenos, gozamos dunha sesión divertida e chea de sorpresas!
Manuel Solla de Expresión Produccións achegouse o pasado 10 de maio a Biblioteca Municipal de Pontecesures co seu espectáculo “Contos para todos”.
A combinación de maxia, títeres, e humor convirteu a biblioteca nun lugar cheo de ledicia e deu lugar a un fermoso espectáculo participativo, do que gozaron os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria do CPI Pontecesures.
María Noel e unha presa de cativos, usuarios habituais da Biblioteca Municipal de Ordes, xuntáronse o 16 de Maio para celebrar o Día das Letras Galegas. Armados con plastilina, cartóns , libros de manualidades e moita, moitísima imaxinación, fixeron marabillas nunha tarde na que, sen dúbida, disfrutamos todos. Ao tempo, os cativos visitaron a mostra que sobre as Letras Galegas expuxemos na biblioteca. Que creatividade a dos nosos rapaces e rapazas!
O 28 de xuño tivemos a Viravolta Títeres de 16:30 a 19:30 co Obradoiro de Papiroflexia, fixemos diversos obxectos utilizando papeis que estarían destinados a rematar no lixo. Pasamos unha tarde moi divertida.
Na Biblioteca Municipal de Ordes, temos moitas visitas, pero, unha das máis agradables foi a de Sole Felloza, que chegou e triunfou…. Veu o venres 31 de maio, ás nosas Tardes de Contos e Lendas, e contou, todo, todo e todo. Os cativos encantados, escoitando, falando, mirando contos e libros moi especiais…Os adultos tamén nos divertimos e aprendemos. Ninguén quería que rematase ! Ata outra Sole!!!
Raquel e Juan, estiveron na Biblioteca de O Hío o 16 de maio, facendo as ledicias de cativos e non tan cativos. Un espectaculo de música, palabras e imaxe moi moi recomendabel.


Séguenos