Festa na Axencia de Lectura de Domaio

Iria Pinheiro viu o venres 18 de outubro a Axencia de Lectura de Domaio cunha festa de contos. A vaca que puxo un ovo, A sopa verde e Queda sitio na vasoria? foron as divertidas historias que nos contou Iria.


Iria Pinheiro viu o venres 18 de outubro a Axencia de Lectura de Domaio cunha festa de contos. A vaca que puxo un ovo, A sopa verde e Queda sitio na vasoria? foron as divertidas historias que nos contou Iria.

O sábado 19 de outubro gozamos dunha sesión inesquecible de Contacontos sensorial na biblioteca! 🧸✨ Bebés e as súas familias mergulláronse nunha experiencia chea de emocións a través de palabras doces, cancións suaves e obxectos que estimularon os sentidos. Cada sorriso e cada mirada curiosa fixeron desta mañá un momento máxico de aprendizaxe compartida. 🎶👶
Grazas a todas as familias que nos acompañaron e fixeron desta actividade un éxito! Non podemos esperar para vivir máis momentos así con vós! 💖📚


Levántate Xan!
E así fixemos todas e todos o domingo pola mañá para escoitar a historia de Xan da man de Caxoto. A cativada máis pequena das casas da Laracha acudiu con incertidume pero con ganas a escoitar estas historias. Fixemos unha viaxe moi bonita, polas nosas emocións, por un universo novo de maxia e descubrimentos.
Grazas Caxoto por compartir a maxia das túas historias nas noas veciñas e veciños máis novos, pasámolo xenial!

Non podiamos imaxinar mellor inauguración do outono e do Samaín que coas historias de medo de Paula Carballeira!
Sapos, bruxas, curuxas, nenas valentes e peixiños namorados foron algúns dos personaxes que nos acompañaron na Biblioteca Municipal de Paiosaco. A capacidade de Paula de facer á cativada e ás familias partícipes é única. Rimos, pasamos medo e sobre todo emocionámonos grazas a estes contos tan singulares.
Que continúe o outono e que chege xa o Samaín!

O martes 15 de outubro Vero Rilo veu á Biblioteca de Outes con “E a ti… que che contaban?”. Actividade que mestura a tradición oral coa literatura popular. Contounos os contos das “Velliñas”, “A bruxa regañadentes” e “Leite”, utilizando tamén a linguaxe de signos.
Pasamos unha tarde moi divertida.

Pedriño Mendrugo está a agardar por Xacinta. Namentres, dálle unha volta aos contos populares interactuando co público a través de cancións xestualizadas… logrando que maiores e pequenos desfruten da espera por esta misteriosa personaxe!


Todo aquelo que forxa os cimentos da casa que todos construimos o longo da nosa existencia coas nosas vivencias.
Foi unha actividade acollida con moita emoción, e moi valorada.
Hoxe veu o Dr. Tilla cargado de contos para previr o curar o virus do MACH. Grazas ao gran Caxoto por esta tarde tan marabillosa. Tanto o público infantil como o adulto disfrutamos moito cunha sesión chea de contido e de entretemento variado.

Neste venres, 18 de outubro, estivemos con Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno aprendendo sobre a labor que levan a cabo as editoriais. Os nenos e nenas de 3º de primaria do CPI de Pontecesures tamén elaboraron os seus propios libros, quedaron moi chulos!
Este obradoiro enmárcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.
No día de hoxe a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz acoulle o obradoiro musical de sensibilización en igualdade e erradicación de violencia contra a infancia e as mulleres impartido por Blanca Villares.
Neste obradoiro trataronse as violencias sexuais a través das músicas nos tempos de antes e de agora, e o seu papel nas colectividades que as compoñen…e escoitan; e través delas e da publicidade ou redes socais abordouse o consentimento, o acoso e o abuso sexual.
Participaron na actividade o grupo de estimulación cognitiva do Concello de Guitiriz, capitaneados por Rocío Fanego e o grupo de adolescentes do Proxecto Kpaces do Ies Poeta Díaz Castro coa súa responsable Sandra Tenreiro.

foto



Séguenos