Anxo Moure na biblioteca Os Templarios
O pasado xoves recibimos na biblio a Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca. Pasámolo en grande coas súas historias ecoloxistas, e mesmo tivemos a ocasión de pedalear un pouquiño!

O pasado xoves recibimos na biblio a Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca. Pasámolo en grande coas súas historias ecoloxistas, e mesmo tivemos a ocasión de pedalear un pouquiño!

O pasado sábado 5 de outubro A BPM de Narón encheuse de alegría e música coa celebración dunha actividade moi especial. Caxoto Contacontos, que leva dúas décadas percorrendo as bibliotecas de Galicia cos seus espectáculos, trouxo á nosa biblioteca unha selección dos seus “Grandes éxitos 2004-2024”.
Foi un evento participativo e festivo, no que non faltaron as cantigas tradicionais, os xogos musicados e os bailes, que fixeron desfrutar tanto aos máis pequenos e pequenas como ás súas familias. A biblioteca viviu unha mañá inesquecible, chea de sorrisos e ledicia, como en cada visita de Caxoto.

O pasado venres 4 de outubro acollemos na BPM de Narón o interesantísimo obradoiro Aprende a facer un podcast no que todas as persoas participantes aprenderon os segredos desta potente ferramenta de comunicación.
A actividade deu tanto de si que ao rematar todas as persoas participantes xa tiñan gravados os seus primeiros episodios con temas tan diversos como a música a actualidade musical e a música antiga), os fenómenos paranormais, os recursos para tempos de crise, as habilidades sociais, a Programación Neurolingüística, a literatura e mesmo un podcast sobre este propio obradoiro de podcast!

O martes día 1 de outubro comezamos as actividades de contacontos con Soraya Lema coa que desfrutamos os contos “Aitana e a avoa e outros contos violetas”. Son un compendio de libros e álbums ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenos ou rompen estereotipos con princesas que soltan peidos.
Foi unha sesión moi participativa e amena.

Continuando cas actividades programadas neste outono, onte 3 de outubro, contamos ca narradora Raquel Crespo.
Foi todo un éxito pola importante participación que conseguiu dos máis pequenos de Lorbé.
Gracias a súa expresividade e interpretación todos os asistentes divertíronse moito dende o primeiro momento,
inculcando neles de forma moi lucrativa ó hábito á lectura a través da maxia dos contos.
O 24 DE SETEMBRO TIVEMOS NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI A MANUEL SOLLA QUE NOS TROUXO UN CONTACONTOS MOI DIVERTIDO, ACOMPAÑADO DE MÚSICA, BONECOS E MAXIA.
O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO MARTÍN CAMIÑA PRESENTOU O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA ” ENLEADA DE ENREDOS” NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI.
NENOS E MAIORES DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO.
Hoxe, a Biblioteca do Barqueiro-Mañón acolleu a visita do CEIP Francisco López Estrada para disfrutar da actividade “Con ciencia de muller” impartida por Patricia da Eduvía Xestión Cultural.
Unha mañá divertidísima na que aprendimos moito sobre igualdade, mulleres científicas galegas e experimentos. Non quedou ninguén sin facer o seu.




Que ben o pasamos onte con “A orixe”! Foi unha contada moi divertida, e tamén moi participativa, xa que cantamos, bailamos e até houbo persoas que se prestaron voluntarias para axudaren á Raquel na representación!

O pasado venres 27 visitou a B.P.M. de Sarria a Compañía de María Rodríguez coa súa adaptación do libro de Michael Ende, “O dragón e a bolboreta”.

Este marabilloso contacontos serviunos para achegar un clásico os nenos e nenas de Sarria, ¡Pasando unha tarde en familia desfrutando do teatro!


Séguenos