O pasado venres 4 de outubro iniciamos o programa Outubro na Biblioteca. Nesta primeira sesión veunos visitar a ratiña Faifa e a deleitarnos coas súas cancións e bailes. Os cativos e cativas de Muxía pasaron unha agradable tarde na biblioteca, revivindo as emocións do Monstro de Cores.



Brais das Hortas relatou varias historias de medo, que se ían entrelazando mediante os obxectos que sacaba dunha gran maleta que pertencera a súa avoa. Cada vez que extraía unha tenebrosa antigalla (un saco, unha vasoira…), narraba un conto e cantaba unha canción. Bruxas, a santa compaña e moito humor fixeron desfrutar ao público



O público pasouno de marabilla con Lupa, unha nena vikinga, que despois dunha longa viaxe en barco, chega a Galicia onde vai vivir interesantes aventuras e ademais as crianzas participaron nun bonito obradoiro.
Tarde moi amena acompañados de Xela, a superheroína de aldea, coa que aprendimos a por en valor os recursos que nos ofrece a natureza!!
O luns 7 de outubro a compañía Trémola Teatro visitou a Escola Infantil de Alfoz dentro do programa “Ler conta Moito” para traernos o espectáculo “Leo e a música”.
Leo é o león máis curioso de toda a selva, por iso, un día decidiu ir a dar un paseo polo bosque. Camiñando atopouse cunha bolbotera, un paxaro carpinteiro e ata con ras! Cada folla, cada poza e cada animal fai un son diferente. Leo coa axuda dos nenos vai descubrindo todos os sons que nos rodean.
Paula a contacontos estivo marabillosa, atenta con todos os participantes e interactuando con eles en todo momento.

Este venres estivo na nosa Biblio un excepcional contador, Caxoto. Fixo un ameno diagnóstico da igualdade co que tanto os nen@s coma os maiores disfrutaron e aprenderon.
Moitas grazas.
O día 27 de setembro pasamos unha tarde espectacular coa actuación de Anxo Avelino cos contos de Zapatiños de cartón,(avó do Carballo con botas). Grande e importantísima aprendizaxe cultural contra o cambio climático.

O mestre gaiteiro Xavier Blanco da Fundación Legar encheu a biblioteca de Moaña de música. Xavier musicou poemas de diferentes épocas, dende literatura de cordel, pasando por autores como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneira, María Mariño, Luisa Villalta e Bernardino Graña entre outros. Estas obras foron musicadas por unha ampla variedade de instrumentos da música de raíz recollidos e creados pola Fundación Legar. Algúns dos instrumentos que se utilizaron foron: Berrona, Caramela, Choquen, Vara de Sabugueiro, Pita e Armónica, Cordeira, Gaitela, Cántaro, Zoadeira.




Séguenos