“GALICIA COA MAXIA” NA BPM DO BARCO DE VALDEORRAS O 29 DE MAIO ÁS 12:00
Maxia divertida, moito humor e interacción co público, o ilusionista Pedro Bugarín conquistaba aos rapaces de ASFAVAL, que o aplaudían encantados ao rematar a función.

Maxia divertida, moito humor e interacción co público, o ilusionista Pedro Bugarín conquistaba aos rapaces de ASFAVAL, que o aplaudían encantados ao rematar a función.

O 30 de maio, para rematar o mes das Letras Galegas, tivemos un contacontos para bebés da man de Carlos Alba. Contou breves contos utilizando pequenas marionetas de dedo e cancións con instrumentos musicais sinxelos, animando así a participar ás nais e pais cos seus bebés.


Unha tarde chea de contos para as crianzas máis pequenas con Bea Campos, de Migallas Teatro e o seu espectáculo “Cinco ratiños de conto”. Con historias, rimas e cancións que fixeron gozar tanto ás nenas e nenos como aos maiores.


Esta mañá na Biblioteca Municipal Concepción Arenal de Miño tivemos unha visita moi especial, 36 nenos e nenas da Escola de Bemantes(Miño) e de Torres (Vilarmaior), acompañados polas súas profesoras, viñeron a coñecer a biblioteca e a xogar coas rimas e escoitar os contos do espectáculo "O caracol namorado" de TrinkeTrinke Teatro.
Pasámolo todos e todas moi ben co rato Fuco e os seus amigos o caracol e a ra. Gustáronnos moito as súas cancións e a música do seu acordeón.![]()
![]()
![]()
O mércores 29 de maio de 2024 acompañounos Yolanda Castaño co seu “Contacontos en verso para nenos e nenas”, onde cunha gran sensibilidade achegounos ao mundo da poesía e pasamos unha formidable tarde entre versos.
…
Tarde de contos e cantigas na que todos gozamos de boas historias!

Tarde de diversión tanto para a cativada como para os adultos co espectáculo Güe- güe de Barriga Verde na Biblioteca de Lalín! Pasámolo xenial!!



Ana encheo outra vez máis a nosa biblioteca de máxia e bonitos recordos porque no seu pañuelo aínda sigue pegada a lágrima que recollera na nosa biblioteca fai como oito anos.
Os nenos e nenas leron o seu libro que Ana dedicou personalizando para cada un.
O feito de ter lido o libro fixo que a reunión fosen moi participativa con preguntas por parte de nenos,nenas e dos acompañantes adultos
O pasado venres un grupo de nenos e nenas pasaron unha tarde moi entretida escoitando o conto de “Maruxa” e poñéndose máns á obra facendo masa para darlle forma aos personaxes do conto así como recreando escenas da historia.



O sábado 25 de maio pásamolo moi ben na Biblioteca de Viveiro. No obradoiro, Un libro e unha vaca, a rapazada aprendeu o que é un libro, aprecialo e telo en conta como unha valiosa ferramenta que os pode acompañar durante toda a súa vida.





Séguenos