Desembarcan os poemas e as músicas de Rosalía de Castro na Biblioteca de Caión!

O pasado venres 24 de maio, pechamos a programación das Letras Galegas 2024 coa presenza da cantante e narradora oral Jara Ortiz e a súa particular proposta Rosalía Cantareira!
A actividade é un recintal poético musicado, que suma unha serie de explicacións sobre a música tradicional, debullando a biografía de Rosalía, así como os usos da pandeireta e dun pequeno repertorio de música tradicional. A artista convida ao público a cantar con ela, a tocar as palmas e a bailar (as que queiran), nunha viaxe arredor da vida e a obra da autora Rosalía de Castro.
Unha oportunidade para achegarnos á nosa cultura, revisar a memoria e compartir cánticos tradicionais absolutamente referenciais para a nosa lingua!









s de Tania os presentes puidemos demostrar as nosas mañas co debuxo.



O xoves 16 de maio, numeroso alumnado de primaria dos colexios Manuela Rial e Vila de Cee, así como unha clase do CEIP Brens, poideron achegarse á figura de Luisa Villalta, homenaxeada neste ano co Día das Letras Galegas, da man da escritora María Canosa. A mesma tivo como base o libro publicado este ano da súa autoría, “Luisa Villalta, melodía de palabras”.
ha sinatura de exemplares, un dos cales quedará no Fondo Local da Biblioteca Pública Francisco Mayán cunha fermosa adicatoria para os lectores, e para a propia vila de Cee, cuna de María Canosa.


Séguenos