Soñando inventei con Papi&mami na Biblioteca de Irixoa
Concerto musical de Papi&mami destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos que se realizou na biblioteca Municipal o día 22 de outubro de 2019.
Concerto musical de Papi&mami destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos que se realizou na biblioteca Municipal o día 22 de outubro de 2019.
O sábado 26 os máis pequenos desfrutaron desta combinación de bonecos, música e contos que trouxo Animar-t. E non solo os bebés o pasaron estupendo con photocall incluido que xa quixera para só a cerimonia dos Óscar.



Charo cantou acompañada da guitarra e contou contos moi divertidos, así conseguiu que as crianzas asistentes (de 1 a 3 anos) prestasen atención, batesen palmas, cantasen e bailasen.



O xoves 17 tivemos bebés na biblioteca. Visitounos Carlos Coira para facernos disfrutar de contos, maxia, clown, xoguetes que se moven, avós que varren, bebés que gatean…
Un percorrido polos sentidos, vimos, escoitamos, tocamos, cheiramos… Todo dentro dun contexto teatralizado e xogando sempre a sorprender. Tamén cantamos!
Rematamos con moitos libros pola alfombra, para tocar, ver , escoltar, ulir…
O 14 de outubro , a biblioteca municipal (aula anexa) levou os/as pequeniños de Boqueixón á actividade de ler conta moito, na súa categoría de igualdade e violencia de xénero.
Alo menos, 30 pequenas e pequenos divertíronse da man de Carla Muñoz, converténdose en Capitáns e Capitanas piratas xunto con Daniela.

O sábado 12, a cita na BPM dos Tilos (Teo) foi cos máis pequenos. Trinke Trinke trouxo o seu espectáculo de bebés Paxariños, combinando narración, bonecos, música ata deixar encantados a pequenos e grandes.

O mércores 9 de outubro tivemos a Charo Pita coa súa proposta para bebés.

Foi un rato moi ameno e divertido, xa que os bebés desfrutaron tanto coma as nais, avóas e pais.
Coa familia Papaventos coñecemos a moitos animais, cantamos cancións, bailamos e rimos.
Moitas grazas a Charo Pita pola súa visita!

A pirata escarlata chegou á Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada da man de Marisa Irimia. Así, as nenas e nenos usuarixs da escola infantil A Galiña Azul, puideron coñecer as súas aventuras e os seus soños para alcanzar un mundo en igualdade de xéneros. Ademais Marisa, na súa maleta, agochaba cousas fantásticas para estimular os sentidos. Que ben o pasamos!

O pasado venres día 4 estivo na biblioteca Marisa Irimia e a pirata Escarlata, que fixeron pasar unha mañá moi agradable os nenos e nenas da escola infantil de Covelo.


O pasado 17 de setembro Cris de Caldas e Xabi do Camiño estiveron na nosa ALM de Vilariño cos seus contacontos para bebés. Os asistentes disfrutaron dunha xornada de contos e de cancións tradicionais para os máis pequenos da casa. Unha actividade totalmente recomendable.


Séguenos