“Qué animaliño é? de Trémola Teatro na B.P.M. de A Guarda

O venres 23 de outubro, bebés e familias pasaron un divertido rato de lecer con Trémola Teatro e o seu espectáculo “Qué animaliño é?, unha obra para bebés que lles fixo gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (boas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons…) os máis pequenos da casa viviron unha emocionante aventura na que participaron activamente xunto coas súas familias.













A escritora María Canosa visitou a Biblioteca de Carral para quitarnos os medos co seu recital Versos para perder medos. Falounos de monstruos, da escuridade, dos cans… E fíxonos pasar un bo tempo mentres que iamos deixando atrás os nosos medos.




Séguenos