Biblioteca do Concello de Mesía ANIMAR-T “Onde está o vento?”

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Carballedo acolleu unha sesión de contos para bebés moi musical e educativa no día da súa Festa de Fin de Curso.


Contos, cancións e rimas nunha sesión divertidísima para @s máis pequen@s.
O pasado venres, día 15 de xullo, recibimos en Vilar de Santos a visita de Xarope Tulú con “Corochas”.
Foi unha xornada na que tanto os nen@s como as súas familias desfrutamos moito, xogando, viaxando a través de diversas paisaxes, e coñecendo a personaxes estrafalarias que resolveron distintos enredos.
Unha actividade sen dúbida moi amena e moi recomendable!


Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas..

En Narón pechamos a nosa tempada de actividades infantís cun espectáculo de narración oral para bebés a cargo da compañía Charlatana.
O pasado sábado 18 de xuño os máis pequerrechos/as da casa emprenderon unha viaxe polo mar chea de experiencias visuais e sonoras.

O sábado 18 de xuño, estivo con nós Charo Pita cós nosos nenos 0 a 3 anos, os cales gozaron dos seus contos musicais “A formiga na barriga”. Espectáculo altamente recomendable. A contadora é unha grande profesional na arte de contar e cantar. Os cativos pasárono xenial.


O pasado venres 17 de xuño tivo lugar na biblioteca pública municipal de Caldas de Reis e da man de Olga Abad unha actividade para nenos entre os seis meses e tres anos, “A biblioteca que viaxaba no tempo”.

Para algúns pequenos era a primeira vez que entraban na biblioteca e seguro que para todos foi unha tarde moi divertida!
Fermoso espectáculo narrativo e musical que trascende as xeracións e na que o público máis pequeno participou activamente creando unha tarde máxica.

O venres 3 de xuño, o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, acolleu o espectáculo ‘Trispilistriñas’, con cantos, contos e tradición oral da man de Pavís Pavós.
Trispilistriñas trispilistriñas,
o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas,
o que non come non ten barrigolas!


Séguenos