19/09/2019



Actividade a cargo do grupo MIGALLAS TEATRO baixo a temática da Igualdade en todos os ámbitos da vida.
O martes 17 de setembro tivemos na Biblioteca Os Templarios, contos, música e arte para nenas e nenos de 4 a 12 anos.
Ao longo de 50 minutos María e Carlos, ou o que é o mesmo María do Contos e o señor Dorremí, fan un percorrido pola vida e a obra de catro pintoras: Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Yayoi Kusama e Frida Khalo.
Con cada pintora unha canción, pero antes cóntannos en que se inspirou cada unha delas e mostránnos láminas das súas obras máis significativas, adaptado sempre ao grupo de idade.
Coa artista galega Xulia Minguillón adentránnos na sociedade da súa época, na escola, de todo o que lle custou obter a medalla das BB AA a nivel nacional, do seu amor polos cans (ou cadelas),…
Pasamos polos deseños rompedores de Sonia Delaunay, polas súas cores e xeometrías…
Viaxamos ao Xapón con Yayoi Kusama, quen aos seus 90 anos segue a pintar puntos de cores.
Lévannos tamén a México para achegarnos á revolucionaria Frida Khalo, a súa casa azul e o xogo de cadro/foto.
Unha actividade magnífica onde se mestura xogo e aprendizaje.
Migallas Teatro nunca defrauda!
Séguenos