FESTIBAM na Biblioteca Municipal de Betanzos
Durante a fin de semana do 7 e 8 de setembro a Biblioteca de Betanzos organizou o primeiro FESTIBAM, unha finde chea de actividades na BAM (Biblioteca, Arquivo, Museo) Betanzos, cas actividades de Ler Conta Moito e con actividades no Museo das Mariñas co que compartimos instalacións: visitas guiadas, feira de artesáns e artistas locais, xogos, etc.
Na Biblioteca celebráronse as seguintes tres actividades por conta do programa Ler Conta Moito:
1.- Cantoconto Contocanto, de Maquinarias Teatro, orientado a maiores de 5 anos.
2.- Obradoiro de elaboración de emakis, dentro da proposta de Juste Kamishibai, para maiores de 6 anos.
3.- Obradoiro de imprenta, por 1mardecores, para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.
As tres actividades foron un éxito de público e foron moi ben valoradas.











Interesante actividade onde os rapaces e rapazas desfrutaron e experimentaron co mundo da robótica







Séguenos