Raquel Queizás con “A ORIXE” na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo

A Biblioteca Central de Arteixo, foi o escenario da representación de “A Orixe” de Raquel Queizás, quen ataviada con indumentaria representativa e acompañándose con música, fíxonos partícipes de contos de África, China e de Perú. Pequenos e maiores desfrutamos e participamos nunha sesión que nos levou por distintos lugares do noso planeta.










O mércores 1 de outubro, ás 18:50 h, Santi Prego trouxo á Biblioteca de O Froxel “Franciso A. Vidal” de Arteixo, moitos e divertidos contos e cantos acompañado polos seus monecos, facendo participar activamente ós nenos que viaxaron coa imaxinación a mundos fantásticos.








Séguenos